- Noelia Seijas anima á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a salvar vidas
- A unidade móbil estará instalada na Praza da Igrexa o xoves, 8 de maio en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 h
A concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, informa que “a Axencia de doazón de órganos e sangue desenvolverá unha nova campaña de doazón de sangue en Lalín baixo o lema Non perdas este bus. Doa Sangue o xoves, 8 de maio, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, na Praza da Igrexa. A unidade móbil estará instalada na Praza da Igrexa.
Seijas fai un chamamento “á participación da veciñanza nestas campañas, contribuíndo a salvar vidas con este xesto solidario, que permite enviar compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano, porque ademais cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais galegos”.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que esperar 2 horas. Deberase levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e presentar informe médico se se está a tomar algún medicamento. Precísase ter más de 18 anos e pesar máis de 50 kg.