Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null “LALÍN NAS LETRAS 2025” TRAE UN CONCERTO GRATUÍTO DO PRESTIXIOSO GRUPO DE MÚSICA GALEGA TIRULEQUE
“LALÍN NAS LETRAS 2025” TRAE UN CONCERTO GRATUÍTO DO PRESTIXIOSO GRUPO DE MÚSICA GALEGA TIRULEQUE
06 maio 2025
  • A actuación desta banda con estilo propio terá lugar o venres 16 de maio ás 21 horas na Praza da Igrexa e será posible a través do programa Máis Música da Deputación de Pontevedra

 

  • Ao longo de maio sucédese a programación ao redor das Letras “Honrando ás nosas cantareiras”

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, avanza que “Lalín nas Letras 2025”, programación municipal das Letras Galegas, trae a Lalín o concerto do recoñecido grupo de música galega, Tiruleque. Será nunha actuación gratuíta que terá lugar o vindeiro venres 16 de maio a partir das 21 horas na Praza da Igrexa.

Tiruleque é unha formación que leva 23 anos mesturando un repertorio baseado en cancioneiros tradicionais con outras moitas influencias, polo que conseguen un directo que contaxian o entusiasmo. Ao longo dos anos o grupo foi engadindo distintos instrumentos cos que levar máis aló a tradición e creatividade. Deste xeito, a banda consegue acadar maior expresión e un son propio recoñecible desde a primeira escoita que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e Outro que tal baila (2018).

Durante o concerto, que chega a Lalín a través do programa Máis Música da Deputación de Pontevedra, interpretarán algúns dos mellores temas dos catro traballos discográficos que ata o momento ten o grupo -ademais dos tres citados, ten o titulado Tiruleque, 20 anos no camiño (2022)-, así como novas composicións.

Este camiño está conformado por lugares, escenarios e persoas que marcaron o devir do grupo e o seu repertorio, que tivo a sorte de formar parte activa do mundo vivo que une aos galegos e galegas nas romarías, foliadas e bailes que celebran a cultura do país. Nos concertos van da man a pandereita e o contrabaixo, o pandeiro e o ukelele.

Elementos que nun principio non se imaxinan xuntos son asimilados e devoltos dunha forma propia e ao mesmo tempo universal, buscando a alegría e o espírito festivo que sentimos nós cando escoitamos estas músicas por primeira vez.

Tiruleque presenta unha longa traxectoria percorrendo a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas, Intercéltico do Morrazo ou Beltaine-Avilés, entre outros. Tamén teñen compartido escenario con recoñecidos artistas como Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera, entre outros. A nivel internacional Tiruleque participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient.

Martes 6, documental “Fontán, o primeiro rostro de Galicia”

Ao longo deste mes sucederase a programación de actividades de “Lalín nas Letras 2025. Honrando ás nosas cantareiras”. Así mañá, martes 6 de maio, terá lugar, ás 11 horas, no Salón Teatro, nun acto aberto ao público, a proxección do documental “Fontán, o primeiro rostro de Galicia” para achegar á mocidade e á veciñanza en xeral, cunha linguaxe sinxela, o proceso que levou a Domingo Fontán a determinar, a través da Carta Xeográfica de Galicia, a orografía do territorio do país nunha época na que non existían as novas tecnoloxías. Anímase á veciñanza a participar nesta actividade gratuíta porque este documental é especialmente relevante para o Concello de Lalín que conta desde 2023 cun dos poucos mapas de Fontán conservados e onde un dos seus Fillos Ilustres, o Matemático de Bermés, foi mestre de Domingo Fontán.

Xoves 8, actividade participativa con explicación do libro “Cantareiras” e música en directo

A modo de homenaxe á figura das “Cantareiras”, a quen nesta edición 2025 se lle dedican as Letras Galegas, o vindeiro xoves 8 de maio, terá lugar a presentación do libro “Cantareiras” de autoría de Icía Varela e Xosé Manuel Varela e tamén terá lugar un concerto ao redor da música tradicional. Será nun evento aberto ao público que terá lugar ás 20.30 horas no Museo Municipal Ramón Mª Aller. É un percorrido polo legado da música e a poesía popular e pola tradición das pandereteiras da man da pandereteira Icía Varela e do docente e investigador Xosé Manuel Varela.

Esta actividade proponse ademais de como a presentación dun libro ao redor das protagonistas das Letras deste ano, tamén como un evento participativo e dinámico en torno á música tradicional, ás cantareiras e ás pandereteiras. Ofrecerase música en directo e explicarase a publicación de Cantareiras como un paseo polo legado das pandereteiras de Mens, Cerceda e Muxía co obxectivo de facer chegar aos asistentes á importancia da literatura oral.

Venres 9, teatro “Cortello de amor”

O venres 9 de maio terá lugar a función de teatro “Cortello de amor” de Amorodio Teatro, ás 21 horas no Salón Teatro, cunha entrada de 5 euros. Trátase dunha comedia sobre o alugueiro con Carmen Facorro e Javier Castiñeira.

A sinopse é a seguinte: Jack e Rose, unha parella que rolda a trintena e que levan xuntos desde a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica á beira do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dúas no faiado.

Durante esa noite no rocho, descobren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar un diñeiro extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha singular cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman "niño de amor", reconectando como parella.

Todo vai como unha seda mentres os nosos protagonistas acumulan diñeiro e soños de futuro, pero a todo porco chégalle o seu San Martiño: co fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Virtudes (que aprecia moito o silencio, e ten algúns problemas de paranoia) parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investiu o diñeiro gañado, anúnciase un fracaso absoluto. Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é unha cuadra.

Teatro Amorodio debutou como compañía no ano 2021 con “Reino da extinción”. Con “A nai” fixeron a súa segunda produción, coa que obtiveron o premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade e a nominación á Mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2024.

“Cortello de amor” é a súa terceira produción e con ela queren achegar o teatro a todas e todos os galegos. Para iso empregan música e a comedida, dúas das disciplinas máis reclamadas polo público.

Sábado 10, concerto de primavera da Banda de Música de Lalín

Este sábado 10 de maio, ás 20.30h, a Banda de Lalín volve ofrecer o seu esperado Concerto de Primavera, unha cita moi querida polo público que regresa tras anos de ausencia. Baixo a batuta do seu director titular, Marcel Van Bree, a agrupación presentará un programa con músicas de distintas partes do mundo. O concerto contará ademais coa participación especial dos clarinetistas Denís Iglesias Montes e Román Meijomín Procino, ambos formados no seo da banda. A cita será na Sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal de Lalín. Desde a Banda convidan a toda a veciñanza a gozar dunha velada chea de música e emoción.

Martes 13, obra de teatro “As Josefas”

O martes, 13 de maio, ás 18 horas na Biblioteca Municipal terá lugar a actividade “As Josefas” de Lalá Teatro. Esta iniciativa de artes escénicas está enfocada a nenos/as de entre 4 a 12 anos. A sonoridade é o principal neste espectáculo de 50 minutos, xunto coas lendas e os contos, pero tamén a cultura galega. A compañía describe a actividade co seguinte reclamo: “Preparados pra concursar no <Galicia cada día mías linda máis linda?>. A obra está protagonizada por dúas irmás que queren demostrar que o galego está máis vivo que nunca e veñen ver canto coñeces ti da nosa terra. A música ten gran relevancia nesta espectáculo que, xunto con historias tradicionais, nos farán cantar e bailar, pero sobre todo aprender de Galicia. Sabes cantigas galegas? Vén concursar e coñecerás moitas cousas da nosa terra.

Venres 16, CorreLalín

O venres 16 a partir das 10.45 horas na Praza da Igrexa terá lugar CorreLalín, carreira dos centros educativos pola nosa lingua.

“Lalín nas Letras 2025. Honrando ás nosas Cantareiras” continúa ata o sábado 31 de maio cun abano amplo de actividades que se irán explicando proximamente.

 

Imagen “LALÍN NAS LETRAS 2025” TRAE UN CONCERTO GRATUÍTO DO PRESTIXIOSO GRUPO DE MÚSICA GALEGA TIRULEQUE
Galería imaxes
  • Imagen: cartel-lalin_tiruleque

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie