Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LALÍN PREPÁRASE PARA ACOLLER O SERÁN DAS LETRAS, UNHA DAS CELEBRACIÓNS MÁIS SENTIDAS NO EIDO CULTURAL QUE EXALTA A LINGUA, A MÚSICA TRADICIONAL E AS RAÍCES DA IDENTIDADE GALEGA
LALÍN PREPÁRASE PARA ACOLLER O SERÁN DAS LETRAS, UNHA DAS CELEBRACIÓNS MÁIS SENTIDAS NO EIDO CULTURAL QUE EXALTA A LINGUA, A MÚSICA TRADICIONAL E AS RAÍCES DA IDENTIDADE GALEGA
12 maio 2025
  • Celébrase o 17 de Maio, propio Días das Letras, a partir das 18 h na Praza da Igrexa

  • Actuarán dez grupos tradicionais locais e cada un traerá unha mostra de traxe tradicional galego

  • Desenvolverase unha homenaxe ás Pandereteiras de Zobra pola súa traxectoria como cantareiras

Lalín prepárase para acoller unha das celebracións máis sentidas do seu calendario cultural: o Serán das Letras, unha cita anual que exalta a lingua, a música tradicional e as fondas raíces da nosa identidade galega. Este ano, a conmemoración cobra un relevo especial ao estar dedicado o Día das Letras Galegas ás Cantareiras, dándolle visibilidade e valor ao papel fundamental das mulleres na transmisión oral e musical do noso país.

Por iso, a Concellería de Cultura de Lalín deseñou un programa centrado na exaltación da música tradicional, convocando aos colectivos locais que día a día manteñen vivo este legado. Responderon ao chamado dez agrupacións da vila, que se xuntarán nun serán emotivo para compartir, co público, a forza e a beleza dun patrimonio que nos une e nos define. É unha cita xa emblemática que conxuga música, tradición e identidade.

Acompañando a festa, as agrupacións exhibirán unha mostra dos traxes tradicionais de cada unha das asociacións participantes, poñendo en valor o seu labor na conservación dunha estética que tamén fala da nosa historia.

Participan as agrupacións: Carballo de Manteiga, A Carballeira de Cercio, Ailola, Pandereteiras Ponte da Prata, Os Dezas de Moneixas, Randela, Repenicando, Pandereteiras de Zobra, Pandereteiras de Bendoiro e Roseira Brava. O serán culminará cunha homenaxe ás Pandereteiras de Zobra, recoñecendo a súa traxectoria, permitindo a pervivencia dun legado identitario e cultural de primeira orde.

O Serán das Letras é un espazo para recoñecer o traballo cotián de quen mantén vivas as raíces do noso pobo. Será, unha vez máis, unha oportunidade para recoñecérmonos na nosa lingua, nos nosos sons e nas nosas xentes. Un serán que non é só festa: é memoria activa e identidade compartida.

Agrupacións que participan no Serán

CARBALLO DA MANTEIGA

A Asociación Carballo da Manteiga ten como principal finalidade a formación e mantemento da música tradicional galega que permita fomentar entre o público en xeral vocacións artísticas e culturais, participando activamente na vida cultural do Concello de Lalín. Dende os seus comezos en outono de 2015 a Asociación está a realizar ademais de clases de música tradicional, actuacións por todo o Concello de Lalín, en festas, romarías, programas de televisión e en diversos actos Institucionais (entrega Folla de Carballo, Feira do Cocido…).

AILOLA

A Asociación Cultural e Xuvenil Ailola, comezou a súa andaina no ano 1990, co fin de interpretar, difundir e fomentar a música tradicional galega e, ao mesmo tempo, divertirnos e compartir vivencias e amizade. Esta Asociación pasou por diversas etapas nas que chegou a existir grupo de baile e grupo de pandeireta, existindo unicamente na actualidade, o grupo de pandeireta.

ASOCIACIÓN CULTURAL PANDERETEIRAS PONTE DA PRATA
O Grupo Pandereteiras Ponte da Prata, comezou a súa andaina no ano 2010; un grupo de amigas que nos xuntamos no seu día para interpretar, difundir e fomentar a música tradicional galega na parroquia de Botos do Concello de Lalín. Tocan instrumentos propios da música tradicional galega: pandeireta, cunchas ou culleres pretenden que a tradición oral dos nosos devanceiros non quede no esquecemento, polo que interpretan pezas (xotas, muiñeiras, maneos, mazurcas, pasodobres, rumbas, etc.) de distintas zonas da xeografía galega.

A CARBALLEIRA DE CERCIO

O grupo de baile e música tradicional A Carballeira de Cercio, naceu en dita parroquia no ano 1997 baixo a dirección do prestixioso profesor, ex – director da Escola de Muiñeira de “Cantigas e Agarimos” Juan Morandeira. En pouco tempo convértese nun dos principais referentes do folclore no Concello de Lalín, sendo hoxe un dos máximos expoñentes dentro do baile tradicional na Comarca de Deza.

OS DEZAS DE MONEIXAS

Os Dezas de Moneixas supoñen para o conxunto da música tradicional galega unha das principais referencias do século XX. O grupo de gaiteiros Os Dezas estivo activo desde a década de 1920. En 1994 creouse unha nova banda de gaitas que recolleu esa denominación.

REPENICANDO

Formado no ano 2015, contan con ampla experiencia no ámbito musical. Dinamizan o rural en festas patronais (pasarrúas, misas, procesións, sesión vermú, etc), pero tamén en actos institucionais en rúas e edificios singulares, feiras, magostos e seráns. Son propulsores da música tradicional galega, xa que un dos instrumentos principais é a gaita galega. Estre grupo está formado por unha gaita, un acordeón, un tamboril e un bombo.

PANDERETEIRAS DE ZOBRA

Das Pandereteiras de Zobra destácase a súa dilatada traxectoria na defensa, conservación e difusión da música tradicional. Galardoadas en diferentes ocasións: cpremio Lalinenses do ano 2019 na categoría de colectivos e Pandeireta de Honra no Serán das Letras Galegas. Unhas mulleres que espertan o interese de diversas publicacións e documentais, e que proximamente publicaran un disco para conservar un precioso legado. Son unha biblioteca viva de saberes e de músicas, que nos segue a marabillar coa súa presencia.

PANDERETEIRAS DE BENDOIRO

As Pandereteiras de Bendoiro levan dende o ano 2019 dedicándose a música tradicional galega.

RANDELA

O centro foi creado en 2024. Imparte clases de teatro, baile tradicional, música instrumental e pandeireta. Igualmente ofrece concertos.

ROSEIRA BRAVA

Roseira Brava naceu 2021, cando tres compañeiras procuraron xente para aprender e facer música tradicional, pandeireta en man. A cousa prometía desde o inicio, porque tiveron a sorte de contar como profesora con Marta Mouriño: veciña, compañeira, mestra de baile e percusión e gran defensora do noso patrimonio. Pouco a pouco foron sumándose compañeiras e hoxe somos unha equipa que cada venres unimos risas, voces e percusión no Casino para ensaiar, de cara a compartir cantigas en público.

Sábado 10, concerto de primavera da Banda de Música de Lalín

Este sábado 10 de maio, ás 20.30h, a Banda de Lalín volve ofrecer o seu esperado Concerto de Primavera, unha cita moi querida polo público que regresa tras anos de ausencia. Baixo a batuta do seu director titular, Marcel Van Bree, a agrupación presentará un programa con músicas de distintas partes do mundo. O concerto contará ademais coa participación especial dos clarinetistas Denís Iglesias Montes e Román Meijomín Procino, ambos formados no seo da banda. A cita será na Sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal de Lalín. Desde a Banda convidan a toda a veciñanza a gozar dunha velada chea de música e emoción.

Martes 13, obra de teatro “As Josefas”

O martes, 13 de maio, ás 18 horas na Biblioteca Municipal terá lugar a actividade “As Josefas” de Lalá Teatro. Esta iniciativa de artes escénicas está enfocada a nenos/as de entre 4 a 12 anos. A sonoridade é o principal neste espectáculo de 50 minutos, xunto coas lendas e os contos, pero tamén a cultura galega. A compañía describe a actividade co seguinte reclamo: “Preparados pra concursar no <Galicia cada día mías linda máis linda?>. A obra está protagonizada por dúas irmás que queren demostrar que o galego está máis vivo que nunca e veñen ver canto coñeces ti da nosa terra. A música ten gran relevancia nesta espectáculo que, xunto con historias tradicionais, nos farán cantar e bailar, pero sobre todo aprender de Galicia. Sabes cantigas galegas? Vén concursar e coñecerás moitas cousas da nosa terra.

Venres 16, CorreLalín

O venres 16 a partir das 10.45 horas na Praza da Igrexa terá lugar CorreLalín, carreira dos centros educativos pola nosa lingua.

Domingo 18, Concerto das Letras Galegas da Banda de Vilatuxe

A Banda de Vilatuxe celebrará o domingo 18 ás 12 horas no Km0 o Concerto das Letras Galegas. Nesta ocasión, músicos da Banda de Música de Vilatuxe elaboraron textos que serán recitados por rapaces e rapazas da Banda. En ocasións, falarán coa música de fondo e noutros momentos, nos silencios entre as pezas musicais.

O repertorio para esta ocasión está baseado en música tradicional e inclúe pezas moi recoñecidas como, por exemplo, Terriña galega ou Na beira do mar, así como obras de cantareiras.

“Lalín nas Letras 2025. Honrando ás nosas Cantareiras”, programación municipal do Concello de Lalín ao redor das Letras Galegas continúa ata o sábado 31 de maio cun abano amplo de actividades que se irán explicando proximamente.

Imagen LALÍN PREPÁRASE PARA ACOLLER O SERÁN DAS LETRAS, UNHA DAS CELEBRACIÓNS MÁIS SENTIDAS NO EIDO CULTURAL QUE EXALTA A LINGUA, A MÚSICA...
Galería imaxes
  • Imagen: Serán das Letras 17 de maio

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie