- A tenente alcalde e concelleira de Economía, Facenda e Contratación Pública, Paz Pérez, explica que o obxectivo desta actividade formativa impartida pola relatora experta Concepción Campos Acuña, é ofrecer unha visión completa e transversal da Política de Integridade e Antifraude do Concello de Lalín, seguindo os requirimentos establecidos para o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), integrando o marco normativo aplicable e as especialidades do ordenamento xurídico ás características organizativas do municipio lalinense
- A formación desenvolverase no edificio sociocultural en horario de 9.00 a 14.30 horas en tres sesións dirixidas a cargos electos, funcionarios e a equipos de traballo especializados
A tenente alcalde e concelleira de Economía, Facenda e Contratación Pública, Paz Pérez Asorey, informa que mañá, martes 13, o Concello de Lalín promove unha xornada sobre o Plan de Formación e Concienciación sobre Políticas de Integridade e Antifraude. Será impartida pola relatora experta, Concepción Campos Acuña, e terá lugar no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero, en horario de 9 a 14.30 horas en tres sesións dirixidas a públicos específicos.
Os obxectivos da formación, tal como explica Paz Pérez, son:
- Ofrecer unha visión completa e transversal da Política de Integridade e Antifraude do Concello de Lalín seguindo os requirimentos establecidos para o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), integrando o marco normativo aplicable e as especialidades do ordenamento xurídico ás características organizativas e de funcionamento do Concello de Lalín.
- Tratar a política antifraude do Concello de Lalín así como os principais contidos do Plan de Medidas Antifraude derivados da aplicación da Orde Ministerial HPF/1030/2021 e da HPF/55/2023, como parte do sistema de xestión do PRTR e o especial impacto das medidas no ámbito da contratación pública.
- Realizar unha revisión do Plan Antifraude do Concello de Lalín: contido, especialidades, obrigas e responsabilidades.
- Analizar o concepto de conflito de intereses, medidas de prevención e procedemento de xestión, xunto co sistema interno de información e o procedemento para a persecución de irregularidades.
Desenvolvemento da formación en tres sesións, nos seguintes horarios:
9:00 – 10:00? formación dirixida aos membros do goberno municipal, cargos electos e persoal de confianza.
10:30 – 12:00? formación experta e especializada dirixida a funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, responsables de áreas e/ou servizos e persoal responsable de trámites de xestión.
12:00 – 12:30? pausa café.
12:30 – 14:30? taller de formación experta e especializada por equipos de traballo, durante a cal se analizarán e resolverán casos prácticos sobre a formación impartida na sesión previa.
Currículo resumido da relatora, Concepción Campos
- Doutora en Dereito cum Laude e Doutora Honoris causa pola Academia Internacional de Ciencias Político Administrativas e Estudos de Futuro (IAPAS) de México.
- Máster en Dereito das Institucións e Administracións Públicas (USC).
- Directiva Pública Profesional e Secretaria de Administración Local, categoría superior, en excedencia.
- Académica da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España
- Codiretora de Red Localis. (Red Localis: rede sobre o mundo local español que pretende transferir coñemento desde as universidades e a administración local co fin de mellorar o debate público sobre temas de interese local. A Red Localis xestiona a Cátedra de Bo Goberno Local financiada pola Xunta de Galicia).
- Presidenta da Asociación de Mulleres no Sector Público e membro do Comité Técnico de Compliance de Women in a Legal World.
- Coordinadora do Grupo de traballo “Integridade na Contratación Pública local” da FEMP.
- Autora de máis de cen publicacións en revistas especializadas e diversas monografías, moitas delas premiadas tanto no ámbito nacional como internacional.