Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null “O PINTOR QUE NON QUIXO PINTAR”, CONFERENCIA DAS ARTES GALEGAS QUE OFRECERÁ EN LALÍN QUINTANA MARTELO SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO
“O PINTOR QUE NON QUIXO PINTAR”, CONFERENCIA DAS ARTES GALEGAS QUE OFRECERÁ EN LALÍN QUINTANA MARTELO SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO
14 maio 2025
  • Este relatorio enmarcado en “Lalín nas Letras 2025” é aberto á participación da veciñanza e terá lugar o xoves, 22 de maio, ás 20 horas no Museo Municipal

  • Será unha oportunidade única para profundar na vida dun dos grandes referentes da Galicia contemporánea da man dun voz autorizada como Quintana Martelo

 

  • Lalín prepárase para acoller o Serán das Letras, o sábado 17 de Maio, propio Día das Letras, a partir das 18 horas na Praza da Igrexa, unha das celebracións máis sentidas no eido cultural que exalta a lingua, a música tradicionais e as raíces da identidade galega

“O pintor que non quixo pintar”. Este é o título da conferencia que o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), Manuel Quintana Martelo, ofrecerá en Lalín para conmemorar o Días Artes Galegas dedicado este 2025 a Isaac Díaz Pardo dentro da programación municipal “Lalín nas Letras 2025. Honrando ás nosas Cantareiras”. Así o explica a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que concreta que o relatorio, aberto á participación da veciñanza, terá lugar o xoves 22 de maio ás 20 horas no Museo Municipal.

Isaac Díaz Pardo non se conformou con ser un gran pintor, quixo ir moito máis alá e converteu a súa arte nunha auténtica marca de identidade para toda a sociedade galega, xa que máis alá da súa obra, está o seu compromiso coa terra, impulsando proxectos fundamentais para a preservación dunha historia que rescatou e que transformou para sempre.

En torno a esta idea, xira a conferencia “O pintor que non quixo pintar” dedicada a Isaac Díaz Pardo como figura homenaxeada no Día das Artes Galegas pola RAGBA do vindeiro 22 de maio. Isaac Díaz Pardo (1920–2012), recoñecido polo seu labor como pintor, deseñador, ceramista e intelectual, será o protagonista desta xornada de reflexión arredor da súa complexa relación coa arte e a súa firme implicación coa cultura galega.

A actividade promete ser unha oportunidade única para profundar na vida e obra dun dos grandes referentes da Galicia contemporánea. A conferencia correrá a cargo de Manuel Quintana Martelo, pintor e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.

Quintana estuda Pintura e Gravado na Facultade de Belas Artes Sant Jordi de Barcelona, Pintura Mural no Centro de Mural Contemporáneo de Sant Cugat do Vallés e Cine no Centro de Arte Cinematográfica de Barcelona. Completa a súa formación con bolsas de estudos en entidades nacionais e estranxeiras.

É catedrático de Debuxo de instituto de bacharelato e foi presidente da Asociación Galega de Artistas Visuais. En novembro de 2003 é elixido Académico de Número da Sección de Pintura da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, na que ingresa o 11 de xuño de 2004 cun discurso titulado “A Forma: Natureza do debuxo”. Realizou exposicións individuais e colectivas en centros de todo o mundo, entre as que destacan as levadas a cabo no Museo de Arte Contemporánea de Eivissa, Museo Nacional de Santo Domingo, Museo Nacional de Belas Artes na República do Salvador ou no Hispanic Institute de Nova York ou na Berliner Liste en Berlín, por citar algúns exemplos.

Serán das Letras

Mentres, nesta semana Lalín prepárase para acoller este sábado 17 de Maio, ás 18 h na Praza da Igrexa, unha das celebracións máis sentidas do seu calendario cultural: o Serán das Letras, unha cita anual que exalta a lingua, a música tradicional e as fondas raíces da nosa identidade galega. Este ano, a conmemoración cobra un relevo especial ao estar dedicado o Día das Letras Galegas ás Cantareiras, dándolle visibilidade e valor ao papel fundamental das mulleres na transmisión oral e musical do noso país.

Por iso, a Concellería de Cultura de Lalín deseñou un programa centrado na exaltación da música tradicional, convocando aos colectivos locais que día a día manteñen vivo este legado. Responderon ao chamado dez agrupacións da vila, que se xuntarán nun serán emotivo para compartir, co público, a forza e a beleza dun patrimonio que nos une e nos define. É unha cita xa emblemática que conxuga música, tradición e identidade.

Acompañando a festa, as agrupacións exhibirán unha mostra dos traxes tradicionais de cada unha das asociacións participantes, poñendo en valor o seu labor na conservación dunha estética que tamén fala da nosa historia. Participan as agrupacións: Carballo de Manteiga, A Carballeira de Cercio, Ailola, Pandereteiras Ponte da Prata, Os Dezas de Moneixas, Randela, Repenicando, Pandereteiras de Zobra, Pandereteiras de Bendoiro e Roseira Brava. O serán culminará cunha homenaxe ás Pandereteiras de Zobra, recoñecendo a súa traxectoria, permitindo a pervivencia dun legado identitario e cultural de primeira orde.

O Serán das Letras é un espazo para recoñecer o traballo cotián de quen mantén vivas as raíces do noso pobo. Será, unha vez máis, unha oportunidade para recoñecérmonos na nosa lingua, nos nosos sons e nas nosas xentes. Un serán que non é só festa: é memoria activa e identidade compartida.

Martes 13, obra de teatro “As Josefas”

Mañá, martes, 13 de maio, ás 18 horas na Biblioteca Municipal terá lugar a actividade “As Josefas” de Lalá Teatro. Esta iniciativa de artes escénicas está enfocada a nenos/as de entre 4 a 12 anos. A sonoridade é o principal neste espectáculo de 50 minutos, xunto coas lendas e os contos, pero tamén a cultura galega. A compañía describe a actividade co seguinte reclamo: “Preparados para concursar no <Galicia cada día mías linda máis linda?>. A obra está protagonizada por dúas irmás que queren demostrar que o galego está máis vivo que nunca e veñen ver canto coñeces ti da nosa terra. A música ten gran relevancia nesta espectáculo que, xunto con historias tradicionais, nos farán cantar e bailar, pero sobre todo aprender de Galicia. Sabes cantigas galegas? Vén concursar e coñecerás moitas cousas da nosa terra.

Venres 16, CorreLalín e concerto gratuíto de Tiruleque

O venres 16 a partir das 10.45 horas na Praza da Igrexa terá lugar CorreLalín, carreira dos centros educativos pola nosa lingua.

Tamén o venres, a partir das 21 h terá lugar na Praza da Igrexa o concerto gratuíto do prestixioso grupo de música galega “Tiruleque”. Unha actuación posible a través do programa Máis Música da Deputación de Pontevedra.

Tiruleque é unha formación que leva 23 anos mesturando un repertorio baseado en cancioneiros tradicionais con outras moitas influencias, polo que conseguen un directo que contaxian o entusiasmo. Ao longo dos anos o grupo foi engadindo distintos instrumentos cos que levar máis aló a tradición e creatividade. Deste xeito, a banda consegue acadar maior expresión e un son propio recoñecible desde a primeira escoita que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e Outro que tal baila (2018).

Durante o concerto, que chega a Lalín a través do programa Máis Música da Deputación de Pontevedra, interpretarán algúns dos mellores temas dos catro traballos discográficos que ata o momento ten o grupo -ademais dos tres citados, ten o titulado Tiruleque, 20 anos no camiño (2022)-, así como novas composicións.

Este camiño está conformado por lugares, escenarios e persoas que marcaron o devir do grupo e o seu repertorio, que tivo a sorte de formar parte activa do mundo vivo que une aos galegos e galegas nas romarías, foliadas e bailes que celebran a cultura do país. Nos concertos van da man a pandereita e o contrabaixo, o pandeiro e o ukelele.

Elementos que nun principio non se imaxinan xuntos son asimilados e devoltos dunha forma propia e ao mesmo tempo universal, buscando a alegría e o espírito festivo que sentimos nós cando escoitamos estas músicas por primeira vez.

Tiruleque presenta unha longa traxectoria percorrendo a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas, Intercéltico do Morrazo ou Beltaine-Avilés, entre outros. Tamén teñen compartido escenario con recoñecidos artistas como Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera, entre outros. A nivel internacional Tiruleque participou representando a Galicia no 41º e 49º Festival Intercéltico de Lorient.

Domingo 18, Concerto das Letras Galegas da Banda de Vilatuxe

A Banda de Vilatuxe celebrará o domingo 18 ás 12 horas no Km0 o Concerto das Letras Galegas. Nesta ocasión, músicos da Banda de Música de Vilatuxe elaboraron textos que serán recitados por rapaces e rapazas da Banda. En ocasións, falarán coa música de fondo e noutros momentos, nos silencios entre as pezas musicais.

O repertorio para esta ocasión está baseado en música tradicional e inclúe pezas moi recoñecidas como, por exemplo, Terriña galega ou Na beira do mar, así como obras de cantareiras.

Venres 23, Teatro “Fagamos o humor”

O venres, 23 de maio, ás 21 horas no Salón Teatro terá lugar a función de “Fagamos o humor” de Moc-Moc Produccións. É un espectáculo de monólogos, clown, maxia cómica, animación musical. Unha gala do humor que reúne todo iso en escena grazas a un elenco de cinco artistas que deleitan ao público con gargalladas durante aproximadamente 80 minutos. A entrada son 5 euros e pódese adquirir de xeito anticipado no Concello de Lalín, en horario de 8:00 a 15:00, ou na taquilla dende 30 minutos antes do espectáculo.

Moc Moc Espectáculos e Animación é unha compañía dedicada á produción de espectáculos de diferentes campos das artes escénicas: circo, pasarrúas, clown, música, teatro, maxia... Foi creada a finais do 2018 por David Merelas “MeRe Clown”, que colabora con diversos artistas ofertando diferentes propostas culturais á vez que crean novas creacións conxuntas en gran formato co nome da compañía “Moc Moc Producións. Actúan en Lalín da man da Rede de Teatros de Galicia para facer a estrea de este espectáculo que asegura diversión nunha montaxe visual e nunha proposta escénica con gran dose de risas para todos os públicos."

“Lalín nas Letras 2025. Honrando ás nosas Cantareiras”, programación municipal do Concello de Lalín ao redor das Letras Galegas continúa ata o sábado 31 de maio cun abano amplo de actividades que se irán explicando proximamente.

Imagen “O PINTOR QUE NON QUIXO PINTAR”, CONFERENCIA DAS ARTES GALEGAS QUE OFRECERÁ EN LALÍN QUINTANA MARTELO SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO
Galería imaxes
  • Imagen: confer ARTES GALEGAS

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie