-
Di na web da multinacional que “la migración a la nube y la modernización de la infraestructura, red, switching y firewall, entre otros, fue un gran reto logrado gracias al trabajo conjunto de 18 empresas especializadas, entre ellas Govertis, parte de Telefónica Tech, que desempeñó un papel clave como partner tecnológico”.
-
É “unha satisfacción”, indica a concelleira Raquel Lorenzo, que Telefónica Tech, e Govertis, punteiras nas telecomunicacións e o mundo da seguridade e a información se sume “aos recoñecementos que outras empresas punteiras están a realizar con Lalín”. Se agora é Telefónica a que nos cita como “Caso de Éxito” español, fai un par de anos era Vodafone España a que nos incorporaba ao seu Observatorio Vodafone.
-
A cita de Telefónica un indicativo de que “no Concello de Lalín se están facendo moi ben as cousas e se está entre os concellos de España punteiros nas novas tecnoloxías” e demostran que “o goberno municipal tenta ofrecerlle aos veciños as mellores solucións tecnolóxicas para prestar os mellores servizos”, indica Lorenzo.
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, agradece á multinacional tecnolóxica Telefónica Tech, filial de Telefónica, por destacar o traballo do Concello de Lalín no eido da seguridade informática, a repotenciación de postos de traballo, a conectividade e a implementación de solucións tecnolóxicas punteiras como “caso de éxito a nivel nacional”, como recolle nunha reportaxe que esta firma punteira no eido tecnolóxico na súa páxina web https://telefonicatech.com/casosdeexito/ayuntamiento-de-lalin .
Na mención como “Caso de Éxito” a nivel nacional, a web da tecnolóxica indica que “La migración a la nube y la modernización de la infraestructura, red, switching y firewall, entre otros, fue un gran reto logrado gracias al trabajo conjunto de 18 empresas especializadas, entre ellas Govertis, parte de Telefónica Tech, que desempeñó un papel clave como partner tecnológico. La colaboración, el esfuerzo compartido y el enfoque en la excelencia fueron esenciales para que este proceso fuera un éxito”. E tamén subliña a colaboración entre administracións para indicar que “AMTEGA proporcionó auditorías, herramientas y soporte técnico para corregir vulnerabilidades (redes, firewalls, servidores, intrusión, phishing). Además, el personal municipal se involucró al 100% en formaciones y pruebas de phishing”.
AVANCES TECNOLÓXICOS IMPLEMENTADOS
Na definición no caso de éxito do Concello de Lalín, destácase que os avances tecnolóxico implementados “no solo permiten cumplir con las normativas vigentes, sino que son fundamentales para garantizar la seguridad de los datos sensibles y la continuidad de los servicios municipales. Adoptar estas prácticas mejoró la resiliencia digital del Ayuntamiento, asegurando un entorno más seguro y confiable para los ciudadanos y la gestión de servicios públicos”.
Para Lorenzo, é “unha satisfacción” que Telefónica Tech, e Govertis, punteiras nas telecomunicacións e o mundo da seguridade e a información se sume “aos recoñecementos que outras empresas punteiras están a realizar con Lalín”. Se agora é Telefóncia a que nos cita como “Caso de Éxito” español, fai un par de anos era Vodafone España a que nos incorporaba ao seu Observatorio Vodafone como exemplo de como se poden implementar solucións tecnolóxicas modernas en concellos de tamaño medio, ou a galega CINFO que utilizou o Concello de Lalín e as súas instalacións e departamentos como banco de probar para solucións tecnolóxicas de VOD, retransmisións en directo, etc que agora están implementadas en máis Concellos galegos, cando en Lalín levan tres ou catro anos xa funcionando.
“INDICATIVO DE QUE SE FAN MOI BEN AS COUSAS”
É un indicativo de que “no Concello de Lalín se están facendo moi ben as cousas e se está entre os concellos de España punteiros nas novas tecnoloxías” e demostran que “o goberno municipal tenta ofrecerlle aos veciños as mellores solucións tecnolóxicas para prestar os mellores servizos”, indica á concelleira.
Lorenzo destaca que o traballo coordinado entre os técnicos do Concello, aínda sendo un departamento limitado en recursos humanos, e as empresas tecnolóxicas está a permitir que “se poidan dispor de recursos xestionados con empresas ou con outras administracións que son propios de organizacións e Concellos moito máis grande”. Situación que se consigue grazas á implicacións de técnicos como “Alberto Viz e Carlos Vence que están a xestionar os diversos sistemas de plans informáticos”.
A edil puntualiza que “estes recoñecementos non fan máis que animarnos a seguir traballando e a buscar as mellores e máis acaídas solucións no eido da seguridade, a informática, a conectividade e a oferta de servizo aos veciños”.