Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 6º Máx 9º Mín 5º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LALÍN ACOLLE O VENRES 30 DE MAIO A FEIRA CIENTÍFICA "A CIENCIA QUE VÉN TEN NOME DE MULLER"
LALÍN ACOLLE O VENRES 30 DE MAIO A FEIRA CIENTÍFICA "A CIENCIA QUE VÉN TEN NOME DE MULLER"
23 maio 2025

Terá lugar o 30 de maio no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero

Inclúe obradoiros, xogos e experiencias interactivas para espertar vocacións científicas na mocidade

Lalín será o escenario da cuarta edición da expo-feira científica ‘A ciencia que vén ten nome de muller’, que terá lugar o vindeiro venres 30 de maio no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero. Por primeira vez, a feira celebrarase fóra das cidades nas que se asentan os campus da Universidade de Vigo, co obxectivo de descentralizar a divulgación científica e contribuír ao impulso do desenvolvemento local. Con máis de 20 actividades interactivas, a feira busca espertar a curiosidade científica e fomentar as vocacións STEM entre as crianzas e a mocidade, sen perder de vista o público xeral. A través de obradoiros, experimentos, charlas, arte e espectáculos, a xornada convida a descubrir que a ciencia tamén se fai fóra dos laboratorio e está presente na vida diaria, ao tempo que pretende achegar referentes femininos no ámbito investigador, visibilizando o traballo das científicas da UVigo. 

Con diferentes actividades ao longo da xornada, a feira terá nesta ocasión como sede o interior e o exterior do edificio sociocultural da rúa Manuel Colmeiro, que este venres acollía a presentación deste evento, na que participaron o alcalde de Lalín, José Crespo; as vicerreitoras de Investigación e Transferencia, Belén Rubio; e de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, e a concelleira de Igualdade, Carmen Canda.

Espertar vocacións levando a ciencia a rúa

Organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I) da Universidade, dentro do programa anual de actividades ‘Ciencia de Ida e Volta’, esta feira conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Deputación de Pontevedra, así como coa colaboración do Concello, lembrou Rubio, quen destacou que o seu obxectivo é achegar “o traballo que facemos na Universidade a toda a cidadanía e, en particular, aos nenos e nenas”. Con esa idea, tras tres edicións en Vigo e Pontevedra e que foron “un éxito” en termos de participación, neste 2025 avogouse por “chegar a zonas máis afastadas dos campus”, neste obxectivo, sinalou Rubio, de “espallar o noso coñecemento eespertar vocacións científicas” entre a mocidade e, nomeadamente, entre as nenas. 

Nesa mesma liña, Valderrama salientou a importancia de outorgar “visibilidade á figura da muller científica”, a través dun evento que permite un contacto directo coas investigadoras, contribuíndo a “ese labor fermoso de sacar a ciencia ás rúas, cunha linguaxe moi próxima”. José Crespo, pola súa banda, puxo de relevo a importancia de levar “esta iniciativa fóra das cidades”, convertendo Lalín “na capital científica galega o día 30”, aspecto no que tamén incidiu Bastos, quen destacou que celebrar este evento en Lalín “é un paso máis para democratizar o acceso á ciencia” na provincia. A deputada provincial lembrou tamén que, se ben, “as mulleres representan a maioría do alumnado universitario, seguen sendo minoría” nas titulacións deste eido, “e non é por falta de capacidade ou de intereses, senón polo peso dos estereotipos, dos roles de xénero e das barreiras sociais que seguen condicionando as eleccións educativas das máis novas”, o que fai necesario “mostrar referentes á mocidade”, engadiu Canda.

Máis de 20 actividades para todos os públicos

A vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais encargouse de debullar o programa dunha xornada que arrancará, pola mañá, coa visita á feira de 180 alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria de cinco colexios do municipio, os CEIP Varela Buxán, Vicente Arias de la Maza, Xesús Golmar, Manuel Rivero e Xoaquín Loriga. En paralelo, preto de 60 estudantes de 4º da ESO participarán en obradoiros sobre desinformación, matemáticas ou sostibilidade global e local.

Pola tarde, a feira abrirá as súas portas a toda a cidadanía, con entrada libre e gratuíta. Desde as 16.00 horas, 24 obradoiros e stands interactivos ocuparán distintos espazos do exterior e interior do edificio sociocultural para ofrecer experiencias participativas: xogos divulgativos, experimentos, tecnoloxías innovadoras, retos matemáticos, arte, troco de obxectos, e ata unha maqueta de satélite ou un monopraza fabricado por estudantado universitario.

O programa inclúe tamén, a partir das 16.15 horas presentacións exprés de diferentes proxectos da Universidade de Vigo, centradas na Rede de Ciencia Cidadá de Galicia na Rede de Escolas Azuis Galegas, así como unha charla sobre os insectos como a alimentación do futuro. Ás 17.00 horas será o momento dos faladoiros animados, que afondarán en temáticas que van da enerxía comunitaria local á valorización de residuos vitivinícolas en cosmética ou a presentación da publicación Quero ser investigadora 5, da UCC+i

Ás 18.30 h terá lugar a charla de clausura, 'Fala que sente: percibindo emocións a través da melodía das linguas', que contará con interpretación en lingua de signos. Como colofón, ás 19.15 horas, pechará a xornada o espectáculo teatral Elemental, unha mestura de ciencia, humor e música para toda a familia, protagonizada por Manuel Vicente, César Goldi e Juanjo Fernández.

A expo-feira científica contará, ademais, con actividades artísticas, como un espectáculo de danza contemporánea que explora a conectividade ecolóxica, e obradoiros especiais con inscrición previa, nos que as persoas participantes poderán crear libros de artista ou coñecer as escrituras do pasado. 

Imagen LALÍN ACOLLE O VENRES 30 DE MAIO A FEIRA CIENTÍFICA
Galería imaxes
  • Imagen: pocienciaquevén2

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie