Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null XOSE MANUEL LOBATO, CHARO GOLMAR, MANUEL NÚÑEZ, AVELINO JÁCOME E LUIS G. TOSAR OFRECEN UN RECITAL DE POESÍA O VINDEIRO SÁBADO NO MARCO DE “LALÍN NAS LETRAS 2025”
XOSE MANUEL LOBATO, CHARO GOLMAR, MANUEL NÚÑEZ, AVELINO JÁCOME E LUIS G. TOSAR OFRECEN UN RECITAL DE POESÍA O VINDEIRO SÁBADO NO MARCO DE “LALÍN NAS LETRAS 2025”
25 maio 2025

Comezará ás 18 horas no Parque Ramón Aller e no caso de chuvia será no Museo

 

 

  • O venres 30 terá lugar a representación “O que hai que ver!”, de Fulano, Citano e Megano, ás 21 h no Salón Teatro con entrada a 5€

 

  • Ata o 31 de maio pódese ver na Biblioteca Municipal una exposición dedicada aos/ás escritores/as galegas e ás nosas Letras

 

  • Coa sesión poética do sábado 31 pecharase “Lalín nas Letras 2025”, unha programación diversa e variada na que houbo presentación de documentais, teatro, concertos, conferencias, actividades interactivas co público como a presentación de “Cantareiras”, e multitudinarias “CorreLalín” ou o “Serán das Letras Galegas”, que se desenvolveu cun destacado éxito

O vindeiro sábado, 31 de maio, pola tarde, terá lugar un “Recital de poesía” que contará coa participación de distinguidas voces da literatura galega: Xosé Manuel Lobato, Charo Golmar, Manuel Núñez, Avelino Jácome e Luis G. Tosar. O encontro busca non só achegar a poesía á veciñanza, senón tamén poñer en valor a palabra como expresión artística, como ferramenta de pensamento e como elemento transmisor de identidades propias. Dará comezo ás 18 horas no Parque Ramón Mª Aller, a carón da igrexa, e está aberto a todas as persoas interesadas en compartir unha tarde de palabra viva e emoción común. Contará co acompañamento musical de Manoele de Felisa, reputado cantautor que recentemente recibiu a Vieira de Honra á excelencia artística en Madrid pola súa música.

Neste recital, a literatura galega toma corpo na voz dos seus autores nun acto íntimo e colectivo ao mesmo tempo, onde a lingua propia -o galego- é tamén protagonista. A poesía non só comunica, senón que crea calidade, interpreta o mundo e conéctanos con outras artes, como a música, a oralidade escénica ou a tradición narrativa.

Autores participantes

Xosé Manuel Lobato é natural de Lestedo (Boqueixón). É doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e licenciado en Pedagoxía. Exerceu como profesor de Matemáticas, sendo un bo exemplo da perfecta compatibilidade entre o mundo das Ciencias e as Matemáticas, e a creación poética.

Na escrita, ten publicada narrativa, descrita pola crítica como prosa poética, e libros de poesía, como Retorno a natura (2009), Máxico tear natural (2011), Elos de cinza (2015), Feitizo no val (2022), etc.

Igualmente participou en obras colectivas como En defensa do poleiro (2010) e coordinou Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017), xunto a Miro Villar. Esta última publicación indícaa especificamente para achegarse á poesía galega, xa que é un compendio de 90 autores que amosan a literatura galega aos lectores, dende figuras actuais a clásicos, ao redor desta cima única.

Lobato tamén ten realizado investigación e publicacións sobre a emigración, xa que realizou a súa tese doutoral sobre esta temática.

Luis González Tosar é un destacado poeta arxentino-galego. Nacido no barrio de Palermo Viejo, fillo de emigrantes galegos, instalouse en Galicia arredor de 1969. Desde entón traballa activamente en fortalecer os lazos entre Galicia e Arxentina, sendo membro da Academia Argentina de las Letras en representación de Galicia.

Filólogo e profesor, foi cofundador da revista Dorna e codirector da colección Dombate da Editorial Galaxia. Desde 1995 preside o Centro PEN Galicia, promovendo a literatura galega no ámbito internacional.

Como poeta, acadou recoñecemento co libro A caneiro cheo (1986), gañador do Premio Esquío e do Premio Antón Losada Diéguez. Entre os seus títulos máis salientables están Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Madeira do meu canto (1998) ou Estúrdiga materia (2008, Premio da Crítica de Galicia).

Tamén escribiu prosa, traduciu obras ao galego e participou en proxectos colectivos, como o libro sobre Francisco Luis Bernárdez. Foi recoñecido co Premio Julio Camba de Xornalismo (1999) e coa Medalla Castelao (2005)

Charo Golmar, de Lalín, é unha persoa que leva moitos anos vinculada á cultura e á literatura. Foi mestra no colexio que leva o nome de seu pai, Xesús Golmar (tamén mestre, xornalista, político e poeta). Dende o seu retiro, Charo Golmar xa publicou o poemario Nobelo de luz (2020) e a obra narrativa No bico do vento (2024). A súa literatura caracterízase pola capacidade de achegar a poesía á infancia, cunha perspectiva rica e creativa, traballando valores como as raíces e o fogar.

A escritora participa activamente en múltiples actos culturais, encontros literarios e recitais, e recentemente realizou o pregón na Romaría Enxebre de San Marcos de Lamela. Realiza investigacións en temas históricos que publica no anuario Descubrindo Deza, e asemade participa como membro do Grupo de Coordinación do Seminario de Estudos de Deza.

Avelino Jácome é tamén de Lalín, sendo coñecido como o “Poetiño do Asneiro”, xa que está moi vencellado a Muíños, en Vilanova, e baseando parte do seu imaxinario literario nese contexto xeográfico e simbólico de Ribas do Asneiro. Así, ten escrito Andrómenas e outros contos (2017), ambientado no lugar de Vilanova, e no que o mundo rural da súa infancia acada parte do protagonismo. Jácome conta con outras edicións, como a obra en castelán Lírica Revuelta (2021), e acaba de publicar La novela sin nombre.

Jácome é director do movemento cultural Nós, a Xente do Redor, que entre outras actividades, publica unha revista literaria acollendo traballos de múltiples escritores. Non obstante, o campo de acción do grupo non se limita ao terreo estritamente literario, senón que os seus membros involúcranse noutras actividades culturais. Profesionalmente dirixe a axencia de publicidade Orixe.

Manuel Núñez Fiúza escritor e editor do xornal “Lalín e Comarca” é de Oirós (Vila de Cruces). Formouse en Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, amosando un temperán interese nos medios de comunicación. A súa primeira vinculación levouno ao mundo radiofónico colaborando coa Radio Galega e con Radio Noroeste. Os seus artigos estiveron presentes durante anos en xornais como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, A Nosa Terra, entre outros. Así mesmo tamén exerceu como correspondente de El Correo Gallego na Comarca de Deza e como tertuliano de Deza TV. Colaborou na revista Deza Actualidade e exerce como director-xerente do xornal Lalín e Comarca onde é director desde a súa fundación en 1998.

 

No eido cultural participou en varios recitais poéticos en Galicia e Portugal tanto individuais como colectivos. Así mesmo, os seus poemas aparecen en distintas revistas como Ólisbos ou A Cachoeira. Foi patrono fundador da Fundación Paco Lareo e recentemente foi agasallado coa medalla da Solina coa colaboración a prol da cultura.

 

O seu primeiro conto publicado é Cando fun paxaro (2021), no cal está especialmente presente a Comarca do Deza, a Galicia rural, a natureza e a paisaxe. O libro está ilustrado polo recoñecido artista José Antonio Fondevila, habitual colaborador do Concello de Lalín nas iniciativas ligadas as artes plásticas, como EmporcArte, e do que recentemente puidemos desfrutar dunha mostra individual no Museo Ramón María Aller con Marañas de Espazo e Tempo (2022).

Obxectivos

Como obxectivos deste recital promovido pola Concellería de Cultura atópase o de resaltar a palabra como elemento central da nosa cultura e do patrimonio inmaterial. Neste tipo de encontros perséguese igualmente poñer en valor a literatura como ferramenta de cohesión social, de diálogo e de transmisión interxeracional. A escrita e a lectura seguen a ser espazos de liberdade e de creación que fortalecen a vida comunitaria, sobre todo nos espazos pequenos, onde a proximidade entre autores e público permite unha relación máis directa.

Nun tempo marcado pola velocidade, a fragmentación e o ruído dixital, a poesía mantense como un espazo de beleza, reflexión e fondura, onde a linguaxe se volve esencial. A través dela, recuperamos o tempo pausado e a memoria compartida, gozando dunha disciplina artística que engaiola os sentidos e a imaxinación.

Desde o Concello de Lalín faise unha firme aposta por actividades culturais que proxectan a relevancia de autores locais en conxunto con outros convidados, e que resaltan a lingua e a creatividade, fomentando o recoñecemento da creación en galego e dinamizando o seu uso.

Con esta sesión poética pecharase a programación “Lalín nas Letras 2025”, unha programación diversa e variada na que houbo presentación de documentais, teatro, concertos, conferencias, actividades interactivas co público como a presentación de “Cantareiras”, e multitudinarias como a carreira pola lingua dos centros educativos “CorreLalín” ou o “Serán das Letras Galegas”, que se desenvolveu cun destacado éxito e na que tomaron parte dez grupos tradicionais de Lalín cunha homenaxe ás Pandereteiras de Zobra.

Teatro “O que hai que ver!”

Pero na vindeira semana aínda terá lugar outra actividade dentro de “Lalín nas Letras 2025”. Será o venres día 30 de maio, ás 21, no Salón Teatro, cando se represente “O que hai que ver!” de Fulano, Mengano e Citano, con entrada a 5 euros.

“O que hai que ver!” é unha combinación dalgúns do mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano, con outros de nova creación aos que se lle engaden unha serie de cancións orixinais cargadas de ironía, que crean, en conxunto, un 'todo' variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á compañía.

Tamén ata o 31 de maio se poderá ver na Biblioteca Municipal a exposición dedicada aos/as escritores/as galegas cunha zona dedicada ás nosas Letras.

 

Imagen XOSE MANUEL LOBATO, CHARO GOLMAR, MANUEL NÚÑEZ, AVELINO JÁCOME E LUIS G. TOSAR OFRECEN UN RECITAL DE POESÍA O VINDEIRO SÁBADO NO MARCO DE...
Galería imaxes
  • Imagen: RECITAL CARTEL (1)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie