- Convídase á veciñanza a participar neste acto inaugural que terá lugar no Museo Municipal Ramón Mª Aller o 29 de maio ás 20 horas, e no que se poderá ver unha coidada escolma de obras destes cinco artistas lugueses
A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, anuncia que o vindeiro xoves, 29 de maio, ás 20 horas, no Museo Municipal Ramón Mª Aller, inaugúrase a exposición do grupo lucense Bacabú, á que se convida a toda a veciñanza a asistir. Unha mostra que está comisariada por Cristina Carballedo Penelas e que se poderá visitar ata o vindeiro 24 de xullo.
O grupo artístico Bacabú, integrado por Jorge Espiral, Xermán Refojo, Santiago Catalán, Honorio e Quique Bordell presenta por vez primeira en Lalín, unha coidada escolma de obras na que ou público terá a oportunidade de coñecer aos cinco artistas lucenses.
Cunha dilatada traxectoria, o grupo decidiu fundar unha sala de exposicións no centro de Lugo no ano 1998, na que ata 2002, expuxo o máis representativo da arte galega contemporánea. Paralelamente os artistas exporían neste espazo de forma individual ou colectiva. Iniciaron así unha traxectoria profesional na que, unidos por unha gran amizade, presentarán de forma puntual proxectos ao amparo da nomenclatura Bacabú. A riqueza da súa relación vén aportada pola variedade, xa que cada artista ten unha historia e estilo profesional que os diferenza.
Bacabú son cinco artistas que se inician nos anos 80 na banda deseñada e que posteriormente conflúen en exposicións conxuntas presentadas no Bierzo, no Museo provincial de Lugo, no Círculo das Artes en Lugo, no Hotel Virxe da Cerca en Santiago de Compostela, na capela da Madanela en Arzúa, no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense e na Casa Museo Casares Quiroga na Coruña.
Destaca a gran exposición retrospectiva do ano 2014 no Círculo das Artes de Lugo. Tamén realizaron a edición dun cartafol de obra gráfica no ano 2018, cando deseñaron as botellas do xornal El Progreso para conmemorar ou seu centenario.
Este ano participan na Sexta Bienal internacional de Arte de Gaia na súa sede en Gaia e na exposición do Museo da Construción Naval de Ferrol, que abrirá en xullo. Tamén neste ano 2025 presentarán un novo cartafol Bacabú.
Os artistas
Bordell destaca por un estilo definido e apaixonado e chega ao mundo artístico dende ou espazo do cómic e da interpretación, coa realización de performances e personaxes en diferentes películas. Participa en numerosas revistas como Atlántico ou Con todo Lugo de detalles. Instálase un tempo en Nova Iorque e volta a Lugo para desenvolver numerosos proxectos, tanto individuais coma colectivos.
Santiago Catalán é creador dunha elegante iconografía propia na que se integran as súas facetas de arquitecto, debuxante e pintor que combina dende ou ano 1978. Dende esta data ten protagonizado exposicións individuais e colectivas en lugares como a sala COAM de Madrid, ou Quiosco Alfonso da Coruña, o Museo Provincial de Lugo ou o Salón internacional de outono de Xapón.
Jorge Espiral entra non mundo artístico tendo como mestre ao pintor lucense Blas Lourés. Realiza a súa primeira exposición no ano 1988 na Deputación de Lugo. Dende ese momento, os seus traballos teñen viaxado a lugares como Madrid, Sevilla ou México. Tamén é salientable ou seu traballo de ilustrador para diferentes publicacións e actividades como a autoría do cartel da Semana de Cinema de Autor de Lugo.
Honorio exprésase cunha escultura principalmente figurativa, procedendo a unha certa deconstrución do corpo humano. Son numerosas as súas exposicións en Galicia e Portugal, lugares aos que leva obras realizadas maioritariamente en xeso especial para escultura. Nesta exposición presenta obras dá súa primeira época.
Xermán Refojo, un artista figurativo coñecedor de numerosas técnicas que traslada ás súas obras, onde mestura unha visión pop da existencia cunha reflexión irónica. É tamén un artista cunha fonda traxectoria expositiva en Galicia e Portugal e na que, coincidindo cos surrealistas, ou título dous seus traballos e a composición intégranse nun todo.
Autodefinición: creadores que nadan a contracorrente
Ao longo destes meses de verán poderán contemplar e gozar da obra destes cinco artistas que se definen a si mesmos como creadores que nadan a contracorrente, apostando pola creación manual na plástica e na escultura.
A comisaria da mostra é Cristina Carballedo Penelas e indica que é todo un pracer, profesional e persoal, presentar esta nova mostra de Bacabú que podemos ver por vez primeira no Museo Ramón María Aller en Lalín e na que teremos a oportunidade de coñecer dunha maneira máis próxima a estes artistas singulares que, a través de estilos e iconografías propias, son un referente na plástica galega dos últimos anos.
Cristina Carballedo Penelas é licenciada en Xeografía e Historia, rama Arte. Comeza a traballar no ano 1997 no mundo da cultura e desde o ano 2011 ten un proxecto propio de xestión cultural, con exposicións temporais en Pousadas de Compostela e proxectos de comisariado en distintos espazos institucionais e privados de Galicia e Portugal como as exposicións “Bo Camiño” e “Arte na rúa” na Capela da Madalena en Arzúa, “O mar no camiño”, “Atlánticos”, “Lugares e identidades”, “Neoterritorios”, e entre outras as exposicións da Bienal Internacional de Gaia ou do Museo da Construción Naval en Ferrol. Tamén comisariou exposicións no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense en na Casa Museo Casares Quiroga na Coruña, como a mostra de Bacabú en ambos espazos e “Sinestesia” de Fernando Pereira no 2024 na Coruña. Presentou tamén distintas exposicións nos espazos da USC en Santiago de Compostela como a recente “Xéneros e números” de Álvaro de la Vega no Colexio de Fonseca. En 2024 presentou “O curto voo do paspallás”, homenaxe a Paco Pestana na Fundación Granell en Santiago de Compostela. En Lalín, imparte a aula de arte de Ategal.