- A concelleira de Cultura agradece enormemente á artista a doazón desta peza representativa na súa traxectoria artística, pois trátase ademais dunha obra de grandes dimensións con especial simbolismo para a artista, ao formar parte dunha colectiva que foi comisariada por ela mesma
Tal como explica a propia artista, Ehlaba, <esta obra foi creada por min para a exposición “A musa da Paz” que se celebrou no Auditorio Municipal de Ourense en setembro de 2016 con motivo da Semana Internacional da Paz, que comisariei eu mesma e na que participamos 28 artistas>.
María Dolores Carballo de Dios, Ehlaba subliña que <doo “La Paz del espejo” ao Concello de Lalín en agradecemento polo seu apoio á exposición “EMET, la Verdad” que tivo lugar no Museo Ramón Mª Aller desde o 21 de marzo ao 23 de maio de 2025>. Así se recolle no certificado de autenticidade da dita obra doada ao Concello, no que Ehlaba remarca que esta obra “está firmada dobre, en espello, xa que se pode colgar nos dous sentidos”.
Cómpre indicar que dentro da exposición colectiva <A musa da Paz” que significa “abrir unha xanela ao interior do ser humano”, comisariada por Ehlaba, e da que formou parte a obra doada ao Concello de Lalín, “La Paz del espejo” tamén participaron: Acisclo Manzano, Alexandre, Ana Costas, Antonio Souto, Arantza Pardo, Beatriz Ansede, César Prada, Fernando Barreira, Irene Lumbreras, Irene Silva, Karballo, Loreto Blanco Salgueiro, L. Torres Pato, Moxom, Otero, Ramón Conde, Ruth N. Lodeiro, Soledad Penalta, Sara Bello, Sula Repani, Tareixa Taboada, Tatiana Lameiro, Tono Lorenzo Guisado, Tony Ferrer, Xosé Luis Otero, Xosé Rivada e Yolanda Carbajales>.