Entrará en funcionamento os vindeiros días e poderá acoller máis de medio centenar de vehículos
-
O concelleiro de obras avanza que se está procedendo a rechear outra parcela no entorno do xulgado para rasanteala coa beiarrúa e no novo espazo creado multiplicar por tres o espazo de estacionamento habilitado neste parking disuasorio.
-
Nas vindeiras semanas, e cando estean rematados os traballos, estarán habilitados tres parkings disuarios que totalizarán máis de 6000 metros cadrados que se unirán aos parkings gratuítos Europa e Campo da Feira.
???????
O concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitou hoxe as obras que se están a acometer nunha parcela municipal situada na mazá que conforman as rúas do Rodo, Acibos e Xazmíns (xunto á antiga serra de Marcelino) para habilitar a totalidade da parcela como un parking disuasorio para dar servizo a esa zona que ten unha forte presión de estacionamento, dando servizo ás rúas Rodo, Ponte, e entorno de Cidade Xardín. A capacidade deste novo parking disuasorio será de arredor de medio cento de vehículos.
O Concello de Lalín segue ca labor de habilitar o maior número de estacionamentos gratuítos para facilitar o estacionamento de vehículos no casco urbano. Aos coñecidos parkings gratuítos do Parking Europa e do Campo da Feira Vello, uníronse o situado no entorno do Manuel Rivero, que é amplamente utilizado por veciños e visitantes e o situado na parte de abaixo do xulgado. Precisamente este, o situado na rúa Escaldes Engordanny, vai a ser ampliado á parcela limítrofe que foi cedida por un particular. Na actualidade, o tramo que se engadirá ao existente, está sendo recheado con áridos para nivelalo coa beirarrúa e en canto este rematado o recheo, procederase ao solado do mesmo en grava compactada para duplicar o espazo que estaba dispoñible e por tanto incrementar de xeito notable o número de estacionamentos.
PREPARACIÓN DO SOLADO NO RODO
No que se refire ao estacionamento disuasorio da rúa Rodo, os traballos de solado xa están avanzados e a brigada de obras estaba procedendo a habilitar os accesos tanto de saída como de entrada para que os vehículos poidan acceder de xeito cómodo. Nos vindeiros días, en canto estea rematado, comunicarase a apertura do mesmos e a posta a disposición de veciños e visitantes.
A parcela que se habilita na rúa do Rodo ten máis de 800 metros cadrados que se destinarán integramente a estacionamento. A parcela do Regueiriño lindeira cos xulgados ten habilitados na actualidade 1800 metros cadrados e pasará a ter 4550 metros cadrados en canto se produza a ampliación antes citada, e a parcela da rúa Manuel Rivero ten máis de 11000 metros cadrados. Co que nas vindeiras semanas quedarán habilitados en tres puntos do casco urbano lalinense máis de 6500 metros cadrados en tres aparcamento disuasorios máis os dous parkings gratuítos.