Este curso está coorganizado polo Instituto de Ciencias da Educación da USC e pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e cofinanciado polo Concello de Lalín
A matrícula está aberta ata o 27 de xuño
Neste curso, abordaranse contidos relacionados cos seguintes tópicos: violencias, redes sociais, consentimento e coeducación cos seguintes obxectivos:
- Debater sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero.
- Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.
- Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.
- Incrementar a conciencia sobre as diferentes formas e expresións de violencias machistas na sociedade e coñecer os recursos e medios para previlas e combatelas.
- Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.
En definitiva, este curso fomenta o intercambio de experiencias entre profesionais, promovendo a igualdade de oportunidades e cuestionando roles e estereotipos de xénero. Ademais, procurará sensibilizar sobre as violencias machistas, ofrecer ferramentas para combatelas e fortalecer o papel activo do profesorado na construción dunha sociedade máis xusta. A análise de boas prácticas educativas e a reflexión son claves para promover cambios reais. Todo isto orientado a transformar mentalidades, actitudes e prácticas que favorezan a equidade no ámbito educativo e social.
O curso conta co apoio do Ministerio de Igualdad; Xunta de Galicia; FEGAMP; Deputación de Pontevedra; CSIF; EXDEHU ; CIM e DIM.
Datas de celebración: martes 8, mércores 9, xoves 10 e venres 11 de xullo de 2025
Dirección: Milena Villar Varela. Instituto de Ciencias da Educación. ICE - USC e Susi Payo Negro. Oficina de Igualdade do Concello de Lalín
Secretaría: Mª del Mar Sanjuán Roca. Instituto de Ciencias da Educación. ICE - USC e Celso Taboada Lorenzo. Oficina de Igualdade do Concello de Lalín
Lugar de celebración: Edificio Sociocultural na Rúa Manuel Rivero de Lalín - 36500 Lalín (Pontevedra)
Nº de horas lectivas: 30 h.
Límite de alumnado: 110 (aforo do Salón de Actos do Edificio Sociocultural)
Web propia: www.lalin.gal/igualdade
Matrícula: ata o 27 de xuño
2 créditos ECTS
Este curso está coorganizado polo Instituto de Ciencias da Educación da USC e pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e cofinanciado polo Concello de Lalín.