- O alcalde, a tenente alcalde, e as concelleiras Carmen Canda e Beatriz Canda fixeron entrega destes detalles de benvida ás familias
- Os requisitos para poder beneficiarse destas axudas son: ser proxenitores dunha crianza nacida durante o 2025 e estar empadroadas no Concello de Lalín todas as persoas integrantes da unidade familiar así como permanecer empadroadas durante dous anos seguintes á concesión da axuda
O alcalde, José Crespo, participou xunto á tenente alcalde, Paz Perez, e as concelleiras de Política Social, Carmen Canda, e de Emprego, Beatriz Canda, fixeron entrega da primeira quenda de cestas de benvida correspondentes ao exercicio de 2025, das que resultaron beneficiarias 8 crianzas de 7 unidades familiares, todas eles residentes no casco urbano agás unha residente na parroquia de Bendoiro.
Estas cestas están compostas por varios produtos básicos para o coidado dos recén nacidos e como recibimento do Concello aos/ás novos/as lalinenses.
Os requisitos para poder beneficiarse destas axudas son: ser proxenitores dunha crianza nacida durante o 2025 e estar empadroadas no Concello de Lalín todas as persoas integrantes da unidade familiar así como permanecer empadroadas durante dous anos seguintes á concesión da axuda.