Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null QUINTANA MARTELO COMISARIARÁ A XVII BIENAL PINTOR LAXEIRO QUE ESTARÁ DEDICADA A DEZ ARTISTAS DE ELEVADA PROXECCIÓN ACTUAL
QUINTANA MARTELO COMISARIARÁ A XVII BIENAL PINTOR LAXEIRO QUE ESTARÁ DEDICADA A DEZ ARTISTAS DE ELEVADA PROXECCIÓN ACTUAL
08 xuño 2025
  • A proposta expositiva titúlase “Paisaxe e Sombra” e desenvolverase entre os meses de outubro e novembro de 2025 no Museo Ramón Mª Aller

  • Mónica Alonso, Bosco Caride, Alfonso Galván, Francisco Leiro, Concha Martínez Barreto, Jorge Martins, Teresa Moro, Manuel Quintana Martelo, Susanne Thelmitz e Carmen van der Lynden son os artistas propostos para este certame polo comisariado

A XVII Bienal Pintor Laxeiro, promovida polo Concello de Lalín, estará comisariada polo artista plástico e presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), Manuel Quintana Martelo. As datas da exposición son desde principios de outubro ata finais de novembro, tal como se recolle na proposta que vén de ser aprobada en xunta de goberno.

O comisario indica que baixo o título “Paisaxe e sombra”, esta Bienal <propón unha viaxe a través dun contexto de construción da percepción da sombra, desde unha visión analítica da mesma, “a paisaxe” a unha formulación do volume a partir da “sombra”>. Tal como explica esta figura relevante no mundo das artes “a mostra establece un percorrido por artistas que interpretan a súa visión desde a subxectividade persoal de cada un deles”.

Os artistas que formarán parte da XVII Bienal serán 10 artistas de elevada proxección actual, conxugando homes e mulleres na súa selección. A relación de artistas é a seguinte:

  • Mónica Alonso (Lugo)

  • Bosco Caride (Vigo)

  • Alfonso Galván (Madrid)

  • Francisco Leiro (Madrid, Cambados)

  • Concha Martínez Barreto (Madrid)

  • Jorge Martins (Lisboa)

  • Teresa Moro (Madrid)

  • Manuel Quintana Martelo (Teo-A Coruña)

  • Susanne Thelmitz (Lisboa)

  • Carmen van der Lynden (Madrid)

Quintana Martelo remarca que “os artistas propostos para este certame fórmano unha selección daqueles que fixeron unha mostra no Museo MARCO de Vigo nos últimos cinco anos co que se conta coa colaboración do dito Museo e do seu director, Miguel Fernández-Cid, cuxa colaboración atinxe a axuda no comisariado e na escritura do texto para o catálogo”. “As distintas propostas de cada un dos artistas conforman un conxunto onde a percepción da imaxe se contextualiza nun contexto teórico sobre as dinámicas persoais sen deixar a mirada xeral fóra dunha interpretación complementaria entre eles”, explica o comisario.

Comisario, Manuel Quintana Martelo

Quintana estuda Pintura e Gravado na Facultade de Belas Artes Sant Jordi de Barcelona, Pintura Mural no Centro de Mural Contemporáneo de Sant Cugat do Vallés e Cine no Centro de Arte Cinematográfica de Barcelona.

Completa a súa formación con bolsas de estudos en entidades nacionais e estranxeiras. É catedrático de Debuxo de instituto de bacharelato e foi presidente da Asociación Galega de Artistas Visuais. En novembro de 2003 é elixido Académico de Número da Sección de Pintura da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, na que ingresa o 11 de xuño de 2004 cun discurso titulado “A Forma: Natureza do debuxo”. É presidente da Real Academia Galega de Ciencias desde 2014 e membro de Atlántica, ademais de Premio da Cultura de Galicia na modalidade de Artes Plásticas (2012), entre outros diversos recoñecementos.

Realizou exposicións individuais e colectivas en centros de todo o mundo, entre as que destacan as levadas a cabo no Museo de Arte Contemporánea de Eivissa, Museo Nacional de Santo Domingo, Museo Nacional de Belas Artes na República do Salvador ou no Hispanic Institute de Nova York ou na Berliner Liste en Berlín, e a súa obra foi exhibida internacionalmente en feiras de arte como ARCO.

Pintor, gravador e escultor, Manuel Quintana Martelo desenvolveu unha prolífica carreira artística con numerosas exposicións en prestixiosos museos e fundacións e grandes institucións contan nas súas coleccións con obras de Quintana Martelo como o CGAC, a colección do Parlamento de Galicia, o Gertrude Stein Collection en Nova Iorque, o Museé Villa de Medicis, La Péroone (Francia) ou a Biblioteca Nacional de España (Madrid).

A maiores de toda a súa traxectoria é un habitual colaborador do Concello de Lalín e do Museo Ramón Mª Aller. Foi cartelista da Feira do Cocido no ano 2006 e autor da exposición central da Feira do Cocido do ano 2023 titulada “Inside”. Realizou obras para a EmporcARTE e impartiu conferencias de gran calidade sobre o Día das Artes Galegas ademais de ser un gran colaborador no desenvolvemento do Ano Laxeiriano en 2022 e de apoiar coa súa presenza diversidade de actos culturais e institucionais no Concello de Lalín.

A Bienal Pintor Laxeiro naceu como un proxecto para fomentar as artes plásticas e promover a figura do recoñecido artista lalinense e foi medrando ata consolidarse como un evento de referencia, que vaia máis alá do plano artístico posto que tamén é unha iniciativa dinamizadora da vila. Ao longo das edicións anteriores esta cita serviu para dar visibilidade a artistas locais ou estatais e proxecto o nome de Lalín máis alá do ámbito galego. Na súa XVI edición estivo dedicada aos artistas da Vía da Prata con Lalín como punto de encontro. Cómpre destacar que é un proxecto continuo non tempo que non se interrompeu nin nos anos da pandemia.

Imagen QUINTANA MARTELO COMISARIARÁ A XVII BIENAL PINTOR LAXEIRO QUE ESTARÁ DEDICADA A DEZ ARTISTAS DE ELEVADA PROXECCIÓN ACTUAL
Galería imaxes
  • Imagen: 1 inside

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie