- Consisten en sesión individuais impartidas pola experta en coeducación e prevención da violencia de xénero, Carmen Ruiz Repullo, nas que se traballa sobre sensibilización da violencia machista, unha actividade promovida polo Concello de Lalín e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade
- Mañá desenvolverase unha charla no IES Aller Ulloa e pasado outras tres no mesmo instituto
- O mércores 11 ás 20 h terá lugar unha sesión aberta ao público no edificio sociocultural
Hoxe deu comezo o programa “Banea o machismo. Refresca o algoritmo. Frea as violencias”, programa de sensibilización e formación promovido polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade mediante conferencias impartidas por Carmen Ruiz Repullo, profesora de Socioloxía da Universidade de Granada e unha das maiores expertas en coeducación e prevención da violencia de xénero, cunha gran traxectoria profesional.
Hoxe deron comezo con tres charlas impartidas por Ruiz Repullo no IES Laxeiro a tras grupos de 1º da ESO que se impartiron en horario de 9.20 a 11 h para 1º ESO A; de 11.10 a 12.50 h para 1º ESO B e de 13.00 a 14.30 para 1º ESO C.
Estas charlas están dirixidas a adolescentes (alumnado da 1ª da ESO) e a público en xeral (profesorado, familias, persoal técnico, profesionais...) como un recurso educativo e de sensibilización para implicar ao conxunto da sociedade na loita contra a violencia machista. Supón un enfoque nas políticas públicas, que sitúa a violencia machistas como un problema estrutural que require da implicación do conxunto da sociedade para acabar con ela, enfocándoo prioritariamente na prevención da mesma desde idades temperás.
Este programa “Banea o machismo” continuará no IES Ramón Mª Aller con sesións mañá e pasado no seguinte horario:
- mércores 11 de xuño, de 8.45 a 10.25 – 1º ESO B
- xoves 12 de xuño, de 8.35 a 10.25-1º ESO D; de 10.45 a 12.25-1º ESO C e de 12.50 a 14.30- 1º ESO A.
En cada unha das clases traballarase de xeito individual con sesións de 100 minutos.
Ademais, tamén o mércores 11 de xuño, ás 20 horas, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero terá lugar unha charla aberta ao público en xeral impartida tamén pola experta Carmen Ruiz Repullo.
Esta programación do Concello de Lalín está financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade contra a Violencia de Xénero.