- A dita mostra será inaugurada o vindeiro mércores, 18 de xuño, ás 19 horas, no edificio sociocultural e está previsto que asistan ao acto a tenente alcalde, Paz Pérez, e a concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Blanco
O vindeiro mércores, 18 de xuño, ás 19 h, terá lugar, no edificio sociocultural a inauguración da exposición das fotografías realizadas durante a II Ruta Fotográfica do realizada o pasado 1 de de decembro de 2024 para dar a coñecer e promocionar os recursos turísticos do Concello de Lalín. Así o anuncia a concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Blanco, que sinala que as fotos foron realizadas durante un percorrido visitando lugares destacados a nivel turístico municipal.
Así, na exposición poderanse atopar espazos naturais cos que conta o noso entorno e incluso diferentes elementos arquitectónicos e escultóricos da vila. A ruta foi acompañada por un fotógrafo profesional que foi ofrecendo explicacións aos participantes sobre as claves de iniciación á fotografía, proporcionándolles consellos e técnicas para participar coas mellores obras no concurso.
O obxectivo principal é continuar a dar a coñecer os recursos turísticos do concello e visibilizar a beleza que se atopa nel a través da perspectiva creativa e diferente que ofrece a fotografía, ao tempo que contribuír a poñer en valor a creatividade e o talento que hai entre as persoas do Concello de Lalín.