LALÍN PREPARA PARA OS DÍAS 4, 5 E 6 DE XULLO A XL FEIRADEZA QUE TERÁ VARIAS NOVIDADES NO EIDO DOS COMPLEMENTOS AGRÍCOLAS
-
Volverá a celebrarse no Lalín Arena e será presentado en vindeiras datas
Os concelleiros Avelino Souto e Marcos Mariño, anunciaron hoxe que xa está en marcha a XL Feiradeza que este ano terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo. Unha edición a que celebra as catro décadas de existencia deste certame que contará con varias novidades no eido dos complementos agrícolas e que será presentadas en vindeiras datas.
Ademais dos tradicionais concursos de raza frisona, o evento contará con numerosas novidades. Incluirase, como o pasado ano, un concurso de manexo de tractores con sustanciosos premios e como nos últimos anos, terá lugar no Lalín Arena que será acondicionado para tal evento.
Galería imaxes