Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVE UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA O MES DE XULLO
O CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVE UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA O MES DE XULLO
03 xullo 2025

O mes comezará forte o 4 de xullo con dous eventos musicais: o concerto de clausura do Campamento de Música de Vilatuxe ás 20:00h no Km. 0, e ás 21:00h na rúa Rosalía de Castro, o concerto de Castro e Escoltas.

  •  

 

O Concello de Lalín vén de facer pública unha extensa e variada programación cultural para o vindeiro mes de xullo, chea de actividades para todos os públicos que dinamizarán a vida social e cultural do municipio. O mes comezará forte o 4 de xullo con dous eventos musicais: o concerto de clausura do Campamento de Música de Vilatuxe ás 20:00h no Km. 0, e ás 21:00h na rúa Rosalía de Castro, o concerto de Castro e Escoltas.

A tradicional Feiradeza terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo, que encherá o Lalín Arena en torno ao sector gandeiro. Cun programa de actividades que se presentará nos vindeiros días. º

A música continuará sendo protagonista o 6 de xullo ás 20:30h no Auditorio de Lalín coa "Tarde de Cine" a cargo da Banda de Lalín. O 11 de xullo ás 21:00h, a rúa Rosalía de Castro acollerá o concerto Gold & Gold. E o 13 de xullo ás 21:00h no Auditorio de Lalín, será a quenda do concerto da Banda de Música de Vilatuxe. Finalmente, o 18 de xullo ás 21:00h na Praza da Igrexa, poderase gozar do concerto Quinkillada.

A formación e o debate tamén terán o seu espazo. Do 8 ao 11 de xullo, o Edificio Sociocultural Manuel Rivero acollerá un curso sobre Novas Fronteiras na Igualdade. Os días 21, 22 e 23 de xullo, na Aula UNED, impartirase un curso sobre "O valor da monarquía parlamentaria". Os amantes da maxia terán unha cita ineludible o 24 de xullo ás 19:00h na Praza da Igrexa co espectáculo de Maxia Joshua Kenneth.

O Museo Ramón Mª Aller será escenario de diversas actividades. O 9 de xullo ás 20:00h, haberá unha actividade Starlight e conferencia "Roteiro Estrelas". A exposición inaugural de Nolo Suárez terá lugar o 31 de xullo ás 20:00h. Os máis pequenos e as familias poderán gozar o 10 de xullo ás 19:00h nos Xardíns da Estatua Loriga co espectáculo "O Galo Quirico" a cargo de Viravolta Títeres.

Para pechar o mes, Lalín acollerá o Clarinet Fest do 28 de xullo ao 1 de agosto, con concertos ás 21:00h en varias localizacións do casco urbano.

Ademais, ao longo de todo o mes, haberá actividades como campamentos, piscina exterior, Pozo do Boi, Pazo de Liñares e Museo, entre outros, que complementarán esta variada oferta.

Desde o Concello de Lalín convídase a veciños e visitantes a participar activamente nesta programación que busca dinamizar o verán lalinense e ofrecer opcións de ocio e cultura para todas as idades.

Imagen O CONCELLO DE LALÍN DESENVOLVE UNHA COMPLETA PROGRAMACIÓN CULTURAL PARA O MES DE XULLO
Galería imaxes
  • Imagen: xullo 25 programación

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie