Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null DO 8 AO 11 DE XULLO DESENVOLVERASE O XX CURSO DE VERÁN DE IGUALDADE QUE INCLÚE CONFERENCIAS DE PERSOAS EXPERTAS A NIVEL INTERNACIONAL E UNHA PERFORMANCE MUSICAL SOBRE EMOCIÓNS FRONTE ÁS VIOLENCIAS
DO 8 AO 11 DE XULLO DESENVOLVERASE O XX CURSO DE VERÁN DE IGUALDADE QUE INCLÚE CONFERENCIAS DE PERSOAS EXPERTAS A NIVEL INTERNACIONAL E UNHA PERFORMANCE MUSICAL SOBRE EMOCIÓNS FRONTE ÁS VIOLENCIAS
06 xullo 2025
  • Trátase dunha acción formativa cunha excelente programación, á que poderán asistir, ademais da vintena de matriculados/as, todas as persoas interesadas, en calidade de oíntes, nos contidos relacionados coa igualdade, a coeducación, as violencias e as redes sociais

  • Este curso está orientado a transformar mentalidades e a promover actitudes e prácticas que favorezan a equidade no ámbito educativo e social

O Concello de Lalín, a través da Concellería de Igualdade, invita á veciñanza lalinense e a todas as persoas interesadas nos contidos relacionados coa igualdade e coa coeducación a participar no XX Curso de Verán, “Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Violencias – Redes Sociais– Consentimento – Coeducación”.

Trátase dun curso cunha excelente programación, ao que poderán asistir, en calidade de oíntes, todas as persoas interesadas, na que se analizarán aspectos, contidos e problemáticas de gran interese no momento actual, relacionadas coa educación transversal, a coeducación, ás violencias e ás redes sociais ou a abordaxe dos diferentes tipos de violencia. A vintena de alumnos/as matriculados está conformado metade por alumnado universitario e metade por profesorado deste nivel académico.

Entre os obxectivos deste curso están os de:

-Debater sobre feminismo e educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, favorecendo unha reflexión sobre a igualdade como compromiso educativo e rachando os roles e estereotipos de xénero.

-Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que lles afectan e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.

-Facilitar o encontro de profesionais de distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, favorecendo o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.

-Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias en diferentes contextos.

Un curso de verán de alto nivel, organizado pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e o ICE da Universidade de Santiago de Compostela, no que intervirán profesionais expertas/os a nivel internacional como Miguel Lorente Acosta, Silvia Pérez Freire, Enma Cepeda, Paz Filgueira, Iván Gómez Beltrán, Beatriz Gimeno, Patricia Alonso, Irantzu Varela, Rosa Cobo, Octavio Salazar, Soraya Calvo e Mª Ángeles Rebollo Catalán que traballan cara á igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e desde diferentes ámbitos de actuación.

En definitiva, unha acción formativa que fomenta o intercambio de experiencias entre profesionais, promovendo a igualdade de oportunidades e cuestionando roles e estereotipos de xénero. Ademais, procurará sensibilizar sobre as violencias machistas, ofrecer ferramentas para combatelas e fortalecer o papel activo do profesorado na construción dunha sociedade máis xusta. Todo isto orientado a transformar mentalidades, actitudes e prácticas que favorezan a equidade no ámbito educativo e social.

O curso dará comezo o vindeiro martes 8 de xullo ás 9.30h, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero onde nos acompañará na inauguración do mesmo José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín; Milena Villar Varela, profesora da USC e codirectora do Curso; María Quintiana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia.

As trece conferencias así como a performance musical “Emocións fronte ás violencias” a cargo do grupo Caspervek, as que poderán asistir libremente todas as persoas que o desexen, serán o martes, mércores e xoves de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h e o venres de 10.00 a 14.00h, como se recolle no programa que poderán atopar na web do concello www.lalin.gal/igualdade.

Esta actividade está cofinaciada polo Concello de Lalín a Universidade de Santiago de Compostela, con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Está dirixido por Milena Villar Varela, do Instituto de Ciencias da Educación e por Susi Payo Negro, da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín.

PREVISIÓN INAUGURACIÓN CURSO DE VERÁN

Intervencións:

    • Milena Villar Varela, profesor da USC e codirectora do curso
    • María Quintiana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta
    • José Crespo, alcalde de Lalín

Data: martes, 8 de xullo

Hora: 9.30 h

Lugar: Edificio sociocultural da Rúa Manuel Rivero

 

Imagen DO 8 AO 11 DE XULLO DESENVOLVERASE O XX CURSO DE VERÁN DE IGUALDADE QUE INCLÚE CONFERENCIAS DE PERSOAS EXPERTAS A NIVEL INTERNACIONAL E...
Galería imaxes
  • Imagen: definitivo igualdade 1

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie