Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO DE LALÍN CONTA CON TRINTA ALUMNOS EN FORMACIÓN NOS OBRADOIROS SÁMAGO E AMOREA NAS ESPECIALIDADES DE ALMACÉNS, ALBANELERÍA E FORESTAIS
O CONCELLO DE LALÍN CONTA CON TRINTA ALUMNOS EN FORMACIÓN NOS OBRADOIROS SÁMAGO E AMOREA NAS ESPECIALIDADES DE ALMACÉNS, ALBANELERÍA E FORESTAIS
13 xullo 2025
  • Cómpre subliñar que o feito de desenvolver dous obradoiros ao mesmo tempo supón un gran esforzo municipal, xa que poucas poboacións galegas o poden asumir

 

  • No obradoiro Sámago, que está chegado á súa fin, o alumnado de Albanelería realizou actuacións de acondicionamento en diversos edificios municipais e o de Forestais ocupouse do desbroce e mantemento do paseo Pontiñas, da delimitación da zona dos muíños cun valado e na construción dunha mesa e dun banco nesta zona, da retirada de troncos do río, da limpeza ante a caída de árbores por temporais e de desbroces e acondicionamento no entorno de varios centros sociais

 

 

  • O alumnado de Amorea, que remata en outubro, está levando a xestión de almacéns municipais, un traballo que teñen bastante avanzado tanto na organización como no deseño de aplicacións correspondentes para cada un deles

O Concello de Lalín conta, neste momento, con trinta alumnos-as/traballadores-as no Centro Ocupacional que se están formando en 3 especialidades diferentes: unha especialidade no obradoiro de persoas mozas Amorea (“Xestión de Almacéns e aprovisionamento) e dúas especialidades no obradoiro dual de emprego Sámago (Albanelería e Forestais). O feito de estar os dous obradoiros ao mesmo tempo supón un gran esforzo por parte do Concello, xa que poucas poboacións galegas o poden asumir.

O obradoiro de emprego Sámago está chegando ao seu fin. Empezou no mes de decembro de 2024 e remata o 1 de setembro deste ano. Nestes meses unha parte do alumnado formouse a nivel teórico e práctico en “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción”–(Albanelería) e outra en “Operacións auxiliares en conservación e mellora de montes”-(Forestais).

Ademais das prácticas previstas en cada un dos certificados de profesionalidade que están cursando, tamén levaron a cabo as obras establecidas no proxecto do obradoiro.
En Albanelería, fixéronse obras de acondicionamento no pavillón municipal, no Lalín Arena, e nos centros sociais de Donramiro, Donsión, Cercio e Rodís. Estase rematando o local social de A Xesta e iniciouse xa o de Cadrón.

As obras que se levaron a cabo foron sobre todo arranxo de humidades, picado, enlucido e pintado de paredes tanto interiores como exteriores. Tamén se levaron a cabo traballos de limpeza de canalóns e de tellados.

En Forestais, os traballos están centrados sobre todo no Paseo Pontiñas co desbroce e acondicionamento do mesmo. Nel tamén se acometeron traballos de reparación e substitución do valado perimetral. Acondicionouse o entorno dos muíños poñendo un valado para delimitar as zonas de acceso peonil e facendo unha pequena mesa e un banco. Para isto reutilizouse a madeira dunha ponte, situada na lagoa final do paseo, xa en desuso e que previamente se desmontou completamente por estar totalmente impracticable.

Outra actuación importante foi a retirada de troncos do río e actuacións rápidas de limpeza ante a caída de árbores por temporais.
Esta especialidade tamén fixo desbroces e acondicionamento no entorno de varios centros sociais nos que actuou a especialidade de Albanelería, como Cercio, Donsión, e proximamente Rodís.

Xestións de almacéns de xeito eficiente

Por outra banda, o programa de emprego para persoas mozas Amorea, cun ano de duración, rematará no mes de outubro. Este alumnado ademais da formación teórico práctica en “Xestión de almacén e aprovisionamento”, tamén está levando a cabo a obra prevista no seu proxecto. Remataron os almacéns do Auditorio Municipal e do Lalín Arena.

Neste momento continúan cos almacéns de Protección Civil, o Desván Municipal e o Concello de Lalín. En todos estes almacéns o traballo está bastante avanzado tanto na organización como no deseño das aplicacións correspondentes para cada un deles. Por exemplo, para Protección Civil o alumnado do obradoiro xeolocalizou todos os hidrantes do casco urbano para así facilitar a labor do equipo de Protección Civil no caso de ter que facer uso dos mesmos. Tamén deseñaron unha aplicación na que van poder levar un control de todo o equipo e material de traballo que levan en cada un dos camións. Deste xeito saberán en todo momento o que precisan repoñer ou cambiar en caso necesario. Do que se trata é de xestionar o almacén correspondente facendo que o traballo diario do persoal sexa moito mais sinxelo, práctico e efectivo.

Imagen O CONCELLO DE LALÍN CONTA CON TRINTA ALUMNOS EN FORMACIÓN NOS OBRADOIROS SÁMAGO E AMOREA NAS ESPECIALIDADES DE ALMACÉNS, ALBANELERÍA E...
Galería imaxes
  • Imagen: 2 Sámago (3)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie