Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LALÍN DESTINO STARLIGHT ORGANIZA UN ROTEIRO DAS ESTRELAS POR BERMÉS PARA A NOITE DO 25 DE XULLO PARA COÑECER LUGARES EMBLEMÁTICOS ASOCIADOS AO PRIMEIRO CIENTÍFICO GALEGO
LALÍN DESTINO STARLIGHT ORGANIZA UN ROTEIRO DAS ESTRELAS POR BERMÉS PARA A NOITE DO 25 DE XULLO PARA COÑECER LUGARES EMBLEMÁTICOS ASOCIADOS AO PRIMEIRO CIENTÍFICO GALEGO
17 xullo 2025
  • A xente que queira participar deberá anotarse previamente no Museo Municipal (museo@lalin.gal ou chamando ao 986784004), sendo a actividade de balde ata cubrir as 50 prazas ofertadas

  • A seguinte actividade será o 12 de agosto, a Noite das Perseidas, a partir das 21.30 h desde o Alto de Rodelas

Lalín Destino Starlight organiza para a última hora da tarde do vindeiro 25 de xullo, Día de Galicia, unha andaina astronómica pola parroquia lalinense de Bermés na procura de lugares emblemáticos asociados á nenez e xuventude de José Rodríguez González, o Matemático Rodríguez, primeiro científico de Galicia e Fillo Predilecto de Lalín.

O director científico de Galicia Starlight, Jose Ángel Docobo, incide na necesaria puntualidade na participación desta andaina. Sinala que “estaremos na fonte de Castiñeiroa, onde, segundo a tradición, dixera Rodríguez que alí se atopa o centro de Galicia”. “Logo pasarase pola súa casa natal, tamén polo campo da feira onde está o seu busto”. “Moi preto está a igrexa de Bermés, onde fora bautizado. Finalmente chegaremos a un campiño para ver o ceo de verán de primeiras horas da noite”, remarca.

Docobo sinala que “o desprazamento de Lalín a Bermés terá lugar en autocar con saída do monumento a Loriga ás 21h, e precísase rigorosa puntualidade”. “A duración desta interesante experiencia astronómica-cultural estímase en dúas horas”, remarca. O roteiro estará conducido ademais de por Docobo, por Carmen Villanueva, Luca Piccotti, Nerea Puime, Eva Seijas, Ángel Costas e David Area.

A xente que queira participar deberá anotarse previamente no Museo Municipal (museo@lalin.gal ou chamando ao 986784004)., sendo a actividade de balde ata cubrir as 50 prazas ofertadas.

Deste xeito o Concello de Lalín continúa as súas actividades de “Lalín Destino Starlight” para este verán 2025, que se iniciou o 9 de xullo coa conferencia da astrónoma chilena Camila Caballero: “Contraste dos ceos estrelados de Chile e Galicia”.

O programa “Lalín Destino Turístico Starlight” continuará o 12 de agosto coa Noite das Perseidas, a partir das 21.30 h, desde o Alto de Rodelas a cargo de Docobo, Luca Piccotti, Ángel Castro, Nerea Puime e David Area. Tamén se precisa de inscrición previa no Museo e sairá o correspondente autobús de diante da estatua de Loriga.

O 20 de agosto terá lugar a charla “Canto tempo lle queda ao Sol?” no Museo ofrecida por Eva Seijas e a continuación unha observación telescópica desde o Observatorio do Museo conducida por Luca Piccotti.

“Destino Turístico Starlight”

Cómpre recordar que o Concello de Lalín obtivo este recoñecemento internacional de calidade turística en abril de 2023, tras un longo proceso para poder acreditar os estándares de calidade requiridos para obter esta distinción, na que se traballou en colaboración co catedrático Docobo, director do Observatorio astronómico da USC, así como do seu equipo conformado por Pedro Pablo Campo e Xabier Pérez Couto.

No verán de 2023 desenvolveuse por vez primeira e cunha gran acollida un ciclo de actividades municipais de promoción deste turismo ligado á contemplación das estrelas para poñer en valor esta distinción que incluíu observacións astronómicas, conferencias e a experiencia “Noite das Perseidas”, observación a simple vista e con telescopio portátil desde a zona cero do Destino Starlight, no Alto de Rodelas.

O 20 de abril de 2024 o Concello de Lalín conmemorou a “Noite Mundial Starlight”, facéndose oco dentro das actividades realizadas por todo o territorio nacional con motivo desa iniciativa en defensa da luz das estrelas co obxectivo de promover a conservación da calidade do ceo nocturno. Celebrouse unha conferencia titulada “O ceo nocturno, un patrimonio esquecido” na que o astrónomo do Observatorio astronómico nacional de Madrid, Pedro Pablo Alonso, falou da importancia de combater a contaminación lumínica, concienciando sobre a importancia de observar o ceo e protexer a calidade do mesmo.

Tamén en verán de 2024 o Concello desenvolveu un variado programa de actividades Starlight como un monográfico sobre a lúa a cargo de Xabier P. Couto; unha proxección de fotos con telescopio a cargo do experto en fotografía astronómica, Francisco Javier Cerdán, entre outras.

Lalín é un dos sete destinos Starlight que actualmente existen en Galicia xa que contan con esta distinción: o Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia; A Costa da Morte; Trevinca; Muras; a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

 

Imagen LALÍN DESTINO STARLIGHT ORGANIZA UN ROTEIRO DAS ESTRELAS POR BERMÉS PARA A NOITE DO 25 DE XULLO PARA COÑECER LUGARES EMBLEMÁTICOS...
Galería imaxes
  • Imagen: verán 2025 LALÍN turístico starlight

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie