Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LALÍN ACOLLE A VI EDICIÓN DO CLARINET FEST DO 28 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO
LALÍN ACOLLE A VI EDICIÓN DO CLARINET FEST DO 28 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO
19 xullo 2025

Onte presentouse oficialmente a sexta edición do Galicia Clarinet Fest, que se celebrará en Lalín do 28 de xullo ao 1 de agosto, consolidándose como un dos encontros de referencia para clarinetistas a nivel estatal e internacional.


No acto de presentación, celebrado no Concello de Lalín, participaron José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín; María Isabel Couselo Torres, directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en Pontevedra; Jorge Cubela, en representación da Deputación de Pontevedra; Begoña Blanco, concelleira de Cultura de Lalín; e Xocas Meijide, director artístico do festival, que avanzou que o Galicia Clarinet Fest, de carácer gratuíto, trae este ano a Lalín unha programación de altísimo nivel na que haberá desde concertos de cámara, ensemble, a actuación de Gorka Hermoso, un dos mellores acordeonistas europeos e Edurne Zabalo, o concerto da Real Filharmonía de Galicia ou o sorprendente espectáculo audiovisual Sonoro infinito, de Manuel Martínez.


A programación musical volve á rúa, e ofrece un total de 12 concertos que se desenvolverán diariamente tanto nas Praza das Pipas, en dobre sesión ás 13 e 21 horas, como no Auditorio de Lalín. Xocas Meijide salientou a importancia da parte académica, que acollerá a alumnado procedente de países como EEUU, Canadá, Francia, Suiza, Reino Unido… así como de distintos puntos da xeografía española, destacando ao profesorado formado por sete clarinetistas de prestixio internacional.


Durante a súa intervención, Jorge Cubela destacou a importancia de que un concello das dimensións de Lalín, situado no rural, acolla un evento como o Galicia Clarinet Fest que pon a Lalín no mapa da elite cultural.


Pola súa banda, o alcalde José Crespo subliñou o compromiso do Concello coa música e coa dinamización cultural do territorio, agradecendo o apoio tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de Pontevedra. Crespo salientou a importancia de Lalín ao acoller un evento de renome internacional, que descentraliza a programación cultural deste nivel que habitualmente se celebra nas grandes cidades, e que vai converter Lalín na capital do clarinete.


A colaboración entre as administración fai posible, segundo apuntou Mª Isabel Couselo, representante da Xunta de Galicia, que un festival que reúne a clarinetistas de tanto prestixio, se poida celebrar en Lalín, manifesta o compromiso da Xunta de Galicia coa formación, e animou a que a xente que aínda non coñece o festival se achegue a Lalín.


O Galicia Clarinet Fest 2025, que converte un ano máis a vila de Lalín nun punto de encontro para amantes de música, especialmente do clarinete, contará ademais en cada un dos concertos coas actuacións de Viravolta Títeres e Celso Fernández Sanmartín.


O domingo 27 de xullo terá lugar un concerto de benvida para o alumnado do festival coa actuación da Galicia Bass Clarinet Ensemble ás 20.30 horas na praza da Pipas.


O festival conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e o Concello de Lalín.

Imagen LALÍN ACOLLE A VI EDICIÓN DO CLARINET FEST DO 28 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO
Galería imaxes
  • Imagen: Presentación Galicia Clarinet Fest 2025

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie