- Onte saíu no BOPPO o extracto destas axudas ás que se destinan 10.000 euros que establece que o prazo para presentalas será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do dito extracto, isto é, ata o 12 de agosto, inclusive
- A contía máxima da subvención por entidade é de 1.500 euros, podendo acadar un máximo do 60% do orzamento total do gasto presentado
Onte saíu publicado no BOPPO o extracto de bases da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actuacións no ámbito dos servizos sociais, ás que se destinan un total de 10.000 euros. Dito extracto establece que o prazo de solicitudes será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da súa publicación, isto é, desde mañá 22 de xullo e ata o 12 de agosto, inclusive.
Poderán ser subvencionables as actuacións relativas a proxectos, programas e/ou actividades de promoción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social na procura da mellora da calidade de vida.
A contía máxima da subvención a cada entidade é de 1.500 euros, podendo acadar un máximo do 60% do orzamento total do gasto presentado.
Todos os gastos subvencionables deberán estar desenvolvidos entre o período que vai do 1 de xaneiro ao 31 de outubro de 2025. Os modelos facilitaranse na Concellería de Política Social, no Rexistro Xeral e no taboleiro de anuncios da sede electrónica. O procedemento de concesión é por concorrencia competitiva.
Poden solicitar as subvencións as entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, cando se cumpran os seguintes requisitos na data de finalización de presentación de solicitudes:
- ter o seu domicilio fiscal, sede, delegación ou oficina no Concello de Lalín e acreditar que as actividades obxecto de subvención se realizarán no ámbito territorial municipal. Con carácter excepcional tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar dentro deste termo municipal un proxecto para o desenvolvemento de accións e actividades que figuren nestas bases, debendo cumprir co resto de requisitos que se esixen. Deberán ademais achegar unha memoria detallada da entidade e das actividades que desenvolveron en anteriores exercicios no Concello de Lalín
- carecer de fins de lucro
- desenvolver as súas actividades no termo municipal de Lalín
- acreditar que os seus fins e actividades coinciden coas actividades subvencionables recollidas nas bases e co contido do proxecto presentado
- estar rexistradas no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia
- estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e manter actualizados os seu datos
- non ter pendentes de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lalín e
- estar ao corrente das súas obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA), coa Seguridade Social e co Concello de Lalín e co Concello de Lalín tanto no momento da solicitude como no da xustificación que se acreditará mediante a presentación das certificacións correspondentes
Terán a consideración de beneficiarias da subvencións ás entidades sen ánimo de lucro destinatarias dos fondos públicos que deben realizar a actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se atopen na situación que lexitime a súa concesión.