Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null CRESPO ACOMETE UNHA PEQUENA MODIFICACIÓN NO ORGANIGRAMA DO GOBERNO NO ECUADOR DE MANDATO PARA REFORZAR ÁREAS CLAVE
CRESPO ACOMETE UNHA PEQUENA MODIFICACIÓN NO ORGANIGRAMA DO GOBERNO NO ECUADOR DE MANDATO PARA REFORZAR ÁREAS CLAVE
23 xullo 2025

Anuncia que Avelino Souto terá baixo a súa responsabilidade as áreas de Política Social (con sección específica dedicada á Infancia) e Igualdade, Xuventude e voceiro de Goberno; Carmen Canda será a responsable das áreas de Muller (CIM), Cemiterios e Envellecemento Activo, e Noelia Seijas encargarase de Sanidade e Deportes

 

Con este axuste organizativo, ademais de optimizar a atención diaria en servizos sociais, créase unha nova área dedicada ao Envellecemento Activo, refórzase Vivenda, Industria, as áreas parroquiais na Axenda Urbana, Infancia e Cemiterios

 

O alcalde de Lalín, José Crespo, anuncia que “neste ecuador de mandato quero facer unha pequena modificación no organigrama do goberno porque entendo que algunhas áreas como servizos sociais, polas súas particularidades, debe levalos unha persoa que teña dedicación no Concello porque necesita atención diaria permanente”.

Neste sentido explica Crespo que “polo tanto, o que fago é unha pequena redistribución de competencias, que é a seguinte”:

-Avelino Souto: áreas de Política Social (sección específica de Infancia) e Igualdade, Xuventude e voceiro do Goberno

-Carmen Canda: áreas de Muller (CIM), Cemiterios e Envellecemento Activo

-Noelia Seijas: áreas de Sanidade e Deportes

Crespo explica que “con esta redistribución, ademais de optimizar a atención diaria en servizos sociais, reforzamos as áreas de”:

-Vivenda: “queremos dotar a esta Concellería, que xa existe, de personalidade propia, mediante a creación dunha sección específica que se ocupe de todas as políticas relacionadas coa vivenda como un dos eixos estratéxicos do mandato. Esta área seguiraa levando, como ata o de agora, o concelleiro Pablo Areán, pero pretendemos darlle un novo impulso”, afirma.

-Industria: “reforzamos a Concellería de Promoción Económica adscrita a Beatriz Canda mediante a creación dunha sección específica dedicada á todo o que ten que ver con Industria”, subliña. Neste sentido fai fincapé que “a raíz, sobre todo, da última reunión mantida coa conselleira de Economía e Industria serán diversas e claves as actuacións que haxa que desenvolver con este departamento autonómico, por iso se trata de ter unha concelleira que se ocupe especificamente das relacións con esta Consellería”.

-Axenda Urbana: “dentro da Axenda Urbana imos acometer un reforzo específico das áreas parroquiais”, competencia baixo a responsabilidade de Paz Pérez.

-Infancia: “dentro das políticas sociais que recaen sobre Avelino Souto tamén se creará unha sección específica para a infancia”.

-Cemiterios: “esta área será un dos retos que me marquei para este mandato para que os dous cemiterios queden funcionando perfectamente. Ao respecto remarca que “o Concello de Lalín necesita poñer en marcha os novos nichos e ao mesmo tempo a xestión dos dous cemiterios municipais para poder telos en perfecto estado de revista”. “Trátase dun reto que me marquei para este mandato e, polo tanto, voulle pedir a Carmen Canda que a súa dedicación, aínda que non a ten exclusiva, se centre na posta da nova fase do cemiterio de Fraga do Alén e mais do cemiterio vello, ao que hai que darlle un arranxo, e que as compaxine coas de Muller (CIM) e Envellecemento Activo”, sinala.

A maiores do reforzo das anteditas áreas, o rexedor explica que se crea, na Concellería que dirixe Carmen Canda, unha nova área de:

-Envellecemento Activo: “para potenciar todas as políticas que teñen que ver coas persoas maiores (Lalín Activa, de Ategal, convenio coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades formativas para persoas maiores... en resume, todas actividades que teñan que ver tanto no rural como no urbano coas actividades dirixidas ás persoas maiores)”.

 

Imagen CRESPO ACOMETE UNHA PEQUENA MODIFICACIÓN NO ORGANIGRAMA DO GOBERNO NO ECUADOR DE MANDATO PARA REFORZAR ÁREAS CLAVE
Galería imaxes
  • Imagen: DSC08292.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie