Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O 31 DE XULLO INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN “A TRAVÉS DO AR” DO PINTOR COMPOSTELÁN NOLO SUÁREZ, CON 25 OBRAS CO AIRE COMO FÍO CONDUTOR
O 31 DE XULLO INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN “A TRAVÉS DO AR” DO PINTOR COMPOSTELÁN NOLO SUÁREZ, CON 25 OBRAS CO AIRE COMO FÍO CONDUTOR
26 xullo 2025

A mostra, que se desenvolve no marco da programación municipal Lalín con Arte, pode visitarse ata o 1 de setembro no Museo Municipal Ramón María Aller

 

O artista afonda nas múltiples representacións do ceo (nubes, voos de paxaros, avións, cometas, auroras boreais, estrelas, constelacións e galaxias) a través da pintura, o debuxo, a fotografía e a montaxe e establecendo unha conexión simbólica con Joaquín Loriga, Laxeiro e Ramón María Aller

??????O xoves, 31 de xullo, ás 20:00 horas terá lugar no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín a inauguración da exposición “A través do ar”, do pintor compostelán Nolo Suárez, no marco da programación municipal Lalín con Arte.

A exposición reúne unha escolma de preto de 25 obras realizadas en técnicas diversas —pintura, debuxo, fotografía e montaxe— cun fío condutor común: o elemento do aire, na que afonda nas múltiples representacións do ceo: nubes, voo dos paxaros, avións, cometas, auroras boreais, estrelas, constelacións e galaxias. Das 25 obras, 22 son inéditas e, polo tanto, feitas polo artista de feito específico para esta exposición. Esta proposta forma parte dun proxecto máis amplo do autor arredor dos catro elementos primordiais da natureza.

A través de obras como Espiral no ar, Mirando as estrelas, O Astrónomo, ou as pezas da montaxe Das Galaxias e Nebulosas, o artista explora a dimensión estética e emocional do ceo, sempre combinando elementos figurativos e abstractos, cunha mirada sensorial e poética. Esta mostra ofrece ao público unha experiencia visual rica e diversa, froito da observación, a lectura, a reflexión e a experimentación pictórica.

O Museo Ramón María Aller, sede desta exposición, resulta un espazo especialmente significativo en relación coa temática das obras, por tratarse da casa natal do prestixioso astrónomo Ramón María Aller. O propio Nolo Suárez salienta tamén a conexión simbólica con Joaquín Loriga, pioneiro da aviación española e fillo ilustre de Lalín (o Concello traballa nunha comisión aberta a novas incorporacións nos actos de centenario do voo Madrid-Manila e do centenario da súa morte e da aterraxe no Toxo), e con Laxeiro, referente pictórico e mestre de artistas, entre os que el mesmo se inclúe.

Esta mostra poderá visitarse ata o 1 de setembro e está promovida polo Concello de Lalín, que seleccionou ao artista para esta ocasión pola coherencia do seu proxecto co espazo museístico e a súa traxectoria consolidada dentro da arte galega contemporánea.

Cunha ampla traxectoria expositiva en museos e galerías de Galicia, Madrid, Lisboa e Valencia, e unha presenza constante en mostras colectivas e itinerantes, Nolo Suárez é unha figura consolidada no panorama artístico galego contemporáneo. As súas obras forman parte de coleccións públicas e privadas, e teñen sido obxecto de análise por parte de críticos e escritores.

A exposición “A través do ar” constitúe unha oportunidade para achegarse ao universo plástico de Nolo Suárez, e para reflexionar sobre o ceo como territorio de beleza e imaxinación.

 

Imagen O 31 DE XULLO INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN “A TRAVÉS DO AR” DO PINTOR COMPOSTELÁN NOLO SUÁREZ, CON 25 OBRAS CO AIRE COMO FÍO CONDUTOR
Galería imaxes
  • Imagen: foto Nolo Suárez (1)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie