- Baixo o lema “Este verán, antes de viaxar, doa sangue”, a Concellería de Sanidade e Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) animan á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a salvar vidas
- A unidade móbil estará instalada na Praza da Igrexa o xoves 31 de xullo de 10.30 a 14 e de 16 a 21 horas, o venres 1 de agosto de 10.30 a 14 e de 17 a 21 horas e o sábado 2 de agosto de 10.30 a 14.30 horas
Lalín acolle unha nova campaña de doazón de sangue, especial de verán, baixo o lema “Este verán, antes de viaxar, doa sangue” o días: xoves 31 de xullo en horario de 10.30 a 14 e de 16.00 a 21 horas; o venres 1 de agosto de 10.30 a 14 e de 17 a 21 horas e o sábado 2 de agosto de 10.30 a 14.30 horas. A unidade móbil estará instalada nesta ocasión na Praza da Igrexa.
A Concellería de Sanidade e ADOS animan á participación da veciñanza nestas campañas solidarias, contribuíndo a salvar vidas con este xesto altruísta. Deste xeito, coa suma de esforzos, trátase de acadar as 27.000 doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos durante este verán para atender aos doentes (cada día son necesarias máis de 400 doazóns).
Cómpre lembrar que para doar sangue deberase pesar máis de 50 quilos e ter entre 18 e 65 anos (a partir de 65 anos co permiso do médico). Non se pode ir sen almorzar e despois de xantar ao mediodía cómpre esperar 2 horas. Tamén é importante unha boa hidratación antes de acudir a doar (auga ou refrescos). Deberase levar o DNI ou documento similar de identificación. Así mesmo non se deberá facer unha comida copiosa antes de doar.
Os homes poden doar un máximo de catro veces ao ano e as mulleres tres veces ao ano, deixando pasar entre cada doazón polo menos dous meses.
Para máis información deberase chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.