O CONCELLO INCORPORA NOVAS ADQUISICIÓNS DE LIBROS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL INCREMENTANDO A COLECCIÓN DISPOÑIBLE AO PÚBLICO
- A concelleira de Cultura sinala que na incorporación destas novidades editoriais téñense en conta as solicitudes dos usuarios, dos centros educativos así como novidades editoriais que saen ao mercado
A Biblioteca Municipal “Varela Jácome” vén de incorporar outra quenda de novidades editoriais á súa colección, todos eles libros que están xa a disposición do público. Así o sinala a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que precisa que “a adquisición destas novidades editoriais facémola sempre tendo en conta as solicitudes dos usuarios como dos centros educativos e tamén novidades editoriais exitosas que saen ao mercado”.
Blanco precisa que “as novidades están colocadas en distintos espazos da Biblioteca para que así sexan máis accesibles as obras aos usuarios, que en todo caso, tamén poderán preguntar por elas ao persoal encargado da Biblioteca”.
Galería imaxes