- A mostra percorre a historia desta formación bandística decana do noso municipio
- Begoña Blanco anima á veciñanza, especialmente á da área parroquial da Balouta a participar no acto inaugural o vindeiro xoves ás 20 h no Auditorio Municipal, pois trátase dunha exposición de gran valor simbólico tanto para a Banda, como para a parroquia de Muimenta así como para o noso municipio
Comezou a montaxe da exposición fotográfica conmemorativa do 150º aniversario da Banda de Música Popular de Muimenta que percorre, a través dunha ampla serie de imaxes de distintas épocas, a evolución desta formación bandística decana do noso municipio e unha das máis veteranas de Galicia.
Esta mostra inaugurarase o vindeiro xoves 28 de agosto, ás 20 horas no Auditorio Municipal, tal como sinala a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que convida a toda a veciñanza, a participar no acto inaugural, especialmente á veciñanza da área parroquial da Balouta.
Blanco avanza que esta exposición, que recolle fotografías da Banda desde 1930 ata a actualidade, poderase visitar ata finais de outubro. Malia a non haber fotos dos anos iniciais cómpre destacar que se trata dunha mostra de gran valor simbólico para esta Banda, para a parroquia de Muimenta como tamén para o noso municipio.
Así mesmo a concelleira remarca que na inauguración está previsto que participe persoal directivo da Banda, intentaremos que estea o músico máis vello da dita formación bandística, o director actual e persoal municipal.