Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null AS FESTAS DAS DORES, A I MOSTRA DE ARTE DE LALÍN NA RÚA, ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA, ALGARABÍA, CONCERTOS E TEATRO INTEGRAN A PROGRAMACIÓN DE SETEMBRO
AS FESTAS DAS DORES, A I MOSTRA DE ARTE DE LALÍN NA RÚA, ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA, ALGARABÍA, CONCERTOS E TEATRO INTEGRAN A PROGRAMACIÓN DE SETEMBRO
28 agosto 2025
  • A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, presenta a programación de setembro

Mércores, 27 de agosto de 2025

As Festas das Dores, que se celebrarán do 19 ao 23 de setembro, coparán unha significativa parte das actividades previstas para o vindeiro mes cun cartel no que se está traballando nos últimos detalles e que se dará a coñecer proximamente. Así o afirma a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que avanza que en setembro, a programación tamén abranguerá a I Mostra de Arte de Lalín na rúa, unha nova iniciativa coa que amosar a creatividade local que se desenvolverá durante as Festas das Dores; actividades do programa de dinamización lectora do programa “Ler conta moito” a fin de incentivar o hábito lector entre as xeracións máis novas; o festival cultural Algarabía que combina concertos, obradoiros e instalacións artísticas no que o Concello colabora; concertos de bandas na rúa, neste caso, da Banda de Vilatuxe, e teatro da man do espectáculo “A serie Clopen”, no marco do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.

Blanco anuncia que abrirá a programación de setembro o programa “Ler conta moito” cunha actividade o xoves 4 de setembro titulada “Imos bailar un conto”, a cargo de Anxo Moure e que se desenvolverá na Biblioteca Varela Jácome a partir das 18.30 horas.

A responsable municipal de Cultura remarca que “Ler conta moito” é programa de dinamización lectora, promovido polo Concello de Lalín en colaboración coa Xunta, que inclúe nesta edición diferentes actividades atractivas orientadas a diferentes idades (desde 0 a 12 anos) que se desenvolverán na Biblioteca Municipal “Varela Jácome” durante o mes de setembro e tamén en outubro, coas que se trata de incentivar o hábito lector entre as xeracións máis novas, ao tempo que facer da Biblioteca un espazo dinámico e acolledor para pasar as tardes a cativada mediante un achegamento ao mundo da lectura.

Así o sinala a concelleira de Cultura e Educación, Begoña Blanco, que subliña que “Ler conta moito” trata de achegarlle á cativada a lectura e a información dun xeito lúdico e atraente, ao tempo que se reforza o carácter das bibliotecas como espazo de relación, aberto, participativo e facilitador da aprendizaxe permanente.

A actividade do 4 de setembro, “Imos bailar un conto” de Anxo Moure, é unha proposta orientada a un público familiar na que as bibliotecas son bosques, xa que un día os libros foron árbores. Narra a historia de Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, cando chega á biblioteca portando unha carta dos bosques para que nenos e nenas aprendan a camiñar polas historias para coidar da terra que gardan os libros. A duración do espectáculo son 50 minutos. A duración da actividade é de 50 minutos.

Do 5 ao 7 de setembro desenvolverase a Algarabía, promovida pola Asociación Cultural O Naranxo e que conta coa colaboración do Concello, con propostas que combinan música, xogos, obradoiros e instalacións artísticas para fomentar o talento local. Os concertos no marco deste festival terán lugar na Praza da Torre: o venres 5 e o sábado 6 ás 20 h e o domingo 7 ás 13 horas.

O sábado 5 de setembro terá lugar ás 19 h un concerto da Banda de Vilatuxe na Avenida Luis González Taboada, que será o último do ciclo de Concertos das nosas Bandas de Música nas rúas, no que tocaron todas as formacións bandísticas lalinenses ao longo do verán en distintos espazos do pobo.

“Ler conta moito” continúa o xoves 18 de setembro coa actividade “Carabranca”, de Iria Piñeiro, ás 18.30 h na Biblioteca Varela Jácome. É un espectáculo orientado a público familiar, duns 40 minutos de duración, que trata sobre aventuras de superación e valores sobre a igualdade. Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo ou terrestre. A partir do teatro de obxectos, a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e de incentivar valores que fomentan a igualdade.

As Festas das Dores, que se celebrarán do 19 ao 23 de setembro, e cuxo cartel se presentará proximamente, abranguen como unha das novidades a I Mostra de Arte de Lalín na Rúa, que se desenvolverá na rúa Principal e no km0, o sábado e o domingo das Festas, é dicir, o 20 e o 21 de setembro, en horario de 12 a 14 e de 16 a 21 h. Como xa se explicou hai unhas semanas, afirma Begoña Blanco, con esta iniciativa trátase de darlle visibilidade aos creadores locais achegando á obra á veciñanza en días de máxima afluencia de persoas en Lalín e de dinamizar a vila con actividades no eido cultural durante os días festivos.

O venres, 26 de setembro, os lalinenses poderán desfrutar dun espectáculo teatral a través dunha nova edición do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego. Trátase da obra “A serie Clopen” e a función, recomendada para todos os públicos, terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Todas as persoas que desexen asistir terán ao seu dispor un servizo gratuíto de autobús ata completar as prazas ofertadas para asistir á función, con entradas a 5 euros. O autobús sairá ás 15.45 horas da Praza do Concello e prégase máxima puntualidade. A función terá lugar ás 18 h no Salón Teatro de Santiago e a hora de saída tras a función para regresar a Lalín será ás 20.15 horas. As inscricións deben facerse no teléfono 986787060 reservando praza mediante pago previo de 5 euros ata o 24 de setembro.

“A serie Clopen”, con dirección de Pablo Reboleiro e dramaturxia de Clara Gayo e Pablo Reboleiro, é unha produción onde se ven acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cativadora. É un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Imagen AS FESTAS DAS DORES, A I MOSTRA DE ARTE DE LALÍN NA RÚA, ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA, ALGARABÍA, CONCERTOS E TEATRO INTEGRAN A...
Galería imaxes
  • Imagen: Na biblioteca terán lugar as actividades de Ler conta moito

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie