Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CIM ATENDEU 372 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO 2025 OFRECENDO UN SERVIZO PERMANENTE ÁS MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE
O CIM ATENDEU 372 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO 2025 OFRECENDO UN SERVIZO PERMANENTE ÁS MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE
31 agosto 2025
  • O Centro de Información á Muller, servizo municipal da Concellería de Muller, activo no Concello de Lalín desde 2002 e conveniado na prestación de servizos con Agolada e Rodeiro desde 2014, ofrece atención ás vítimas de violencia de xénero, asesoramento xurídico, atención psicolóxica e información sobre os recursos dispoñibles

  • Entre as próximas accións que levará adiante este servizo atópanse a convocatoria da Mesa Local de Coordinación fronte a Violencia de Xénero e unha nova edición do curso de defensa persoal, ambas actividades está previsto que se desenvolvan no vindeiro mes de outubro

  • Nos primeiros oito meses de ano levou adiante importantes e diferentes iniciativas como un curso de defensa persoal feminina, unha reunión da Mesa Local de Coordinación fronte a violencia de xénero e a presentación do “Protocolo de actuación fronte ás violencias sexuais e LGTBIFóbicas no ocio nocturno”

  • Ao longo do ano o CIM mantén tamén unha serie de actividades conmemorativas en relación ao 8 de Marzo e ao 25 de Novembro, así como programas formativos e educativos dirixidos ao alumnado e á poboación en xeral

  • Mediante convenio co servizo ATENPRO da Cruz Roja, o CIM tramita as solicitudes de teleasistencia e mantense en colaboración co punto habilitado no posto da Garda Civil de Lalín de seguimento de casos de violencia de xénero, levando a cabo unha actuación de recursos en canto a vítimas de violencia de xénero

O Centro de Información á Muller (CIM) é un servizo municipal da Concellería de Muller que dirixe Carmen Canda, activo desde agosto de 2002 e conveniado na prestación de servizos cos concellos de Agolada e Rodeiro desde o 2014.

Este servizo ofrece, de xeito permanente, os recursos desde os que se artella unha intervención global dirixida ás mulleres en situación de vulnerabilidade, en horario de luns a venres de 8 a 15 horas e que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, prioridade na intervención e atención a mulleres vítimas de violencia de xénero e información sobre os recursos dispoñibles na Comunidade Autónoma.

O CIM leva atendidas no que vai de ano un total de 372 consultas, desagregadas do seguinte xeito:

TIPO DE CONSULTAS

Nº

Atención a vítimas de violencia de xénero

117

Asesoramento xurídico

100

Atención psicolóxica

118

Información de recursos, outro tipo de consultas

37

TOTAL

372

Cómpre destacar que o número de consultas de atención ás vítimas segue a ser unha constante no traballo do CIM.

Próximas accións

Dentro das funcións do servizo do CIM e como vindeiras accións está previsto para o mes de outubro convocar a Mesa Local de Coordinación fronte a Violencia de Xénero, na que participan diferentes profesionais implicados na atención ás vítimas, de distintos departamentos como Policía Local, Xulgado, Colexio de Avogados, Garda Civil, IES, Subdelegación do Goberno e Dirección Xeral da Loita contra a violencia de xénero da Xunta. No marco desta Mesa lévanse a cabo actuacións de coordinación e supervisión na atención directa a vítimas de violencia de xénero.

Así mesmo o CIM ten concedida unha nova edición do curso de defensa persoal feminina para levalo a cabo tamén no mes de outubro. Está dirixido a mulleres adultas e está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade en colaboración coa Fegamp e inclúese dentro das actividades ofertadas ás entidades locais que forman parte da rede galega de concellos contra a violencia de xénero.

Actividades nos primeiros oito meses de 2025

Entre as accións desenvoltas nos oito primeiros meses de ano 2025 hai que destacar, ademais de todas as consultas atendidas, que o CIM, e dentro das funcións que presta, desenvolveu unha intensa axenda de actividades significativas, de diferente índole, todas elas co nexo común de ofrecer unha resposta global na atención ás vítimas de violencia de xénero:

  • O 11 de xaneiro realizouse unha edición do curso de “defensa persoal feminina” nas instalacións do Lalín Arena no que tomaron parte 20 mulleres adultas.

  • O 13 de xaneiro levouse a cabo a Mesa Local de Coordinación fronte á violencia de xénero, que se reúne con periodicidade e cuxa vindeira reunión será en outubro, como se vén de anunciar.

  • O 4 de febreiro tivo lugar a presentación do “Protocolo de actuación fronte ás violencias sexuais e LGTBIFóbicas no ocio nocturno” por parte do director xeral da Loita contra a violencia de xénero, Roberto Barba, na que participaron diferentes hostaleiros coa finalidade de adherirse ao mesmo.

Ao longo do ano o CIM mantén unha serie de actividades conmemorativas en relación ao 8 de Marzo e ao 25 de Novembro, así como programas formativos e educativos dirixidos a alumnado e poboación en xeral a través do departamento de Igualdade municipal.

Por outro lado, o CIM está adscrito mediante convenio de colaboración ao servizo ATENPRO (Atención e protección para vítimas de violencia de xénero) da Cruz Roja Española. Desde o CIM tramítanse as solicitudes para a teleasistencia e mantense colaboración e coordinación constante co punto habilitado no posto da Garda Civil de Lalín de seguimento de casos de violencia de xénero, levando a cabo unha actuación global de recursos en canto a vítimas de violencia de xénero.

Imagen O CIM ATENDEU 372 CONSULTAS NO QUE VAI DE ANO 2025 OFRECENDO UN SERVIZO PERMANENTE ÁS MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE
Galería imaxes
  • Imagen: A concelleira da área de Muller e a directora do CIM.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie