O alcalde de Lalín, José Crespo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e a concelleira de Emprego de Lalín, Beatriz Canda, participaron onte na clausura do obradoiro de emprego dual Sámago.
Trátase dun obradoiro que formou a 20 persoas desempregadas nas especialidades de auxiliares en conservación e mellora de montes (Forestais) e auxiliares de revestimentos de construción (Albanelería). Este obradoiro, que tivo unha duración aproximada de nove meses, foi posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 420.000 euros. Así, o alumnado recibiu a formación necesaria para poder desenvolverse nas súas respectivas áreas, ademais de contar con prácticas remuneradas durante toda a duración do curso. Ademais, estas prácticas reverteron a favor do seu concello, xa que os participantes realizaron traballos dentro do seu municipio.