FINALIZA O CAMPAMENTO DO MAR DO CONCELLO DE LALÍN
O Campamento do Mar ou Castiñeiros en Boiro, promovido polo Concello de Lalín, chega ao seu fin. Malia ás condicións meteorolóxicas adversas dos últimos días, sempre atoparon algún momento para gozar da praia e para practicar deportes náuticos como o paddle surf. Tamén puideron coñecer algúns dos espazos singulares do centro da vila. Entre veladas nocturnas, como o láser tag ou xogos temáticos como a Academia Nevermore, superáronse os atrancos do mal tempo, permitindo que estas fosen unhas vacacións para lembrar.
Galería imaxes