- A vindeira semana rematarase o desbroce de todo o rural. A día de hoxe quedaba unha pequena zona en Busto e nos vindeiros días acometerase a da parroquia de Maceira
O concelleiro de Obras, José Cuñarro, estivo esta mañá a facer seguimento dos traballos de acondicionamento no casco urbano por parte das distintas brigadas municipais que están a preparar o casco urbano para a celebración das festas das Dores. Traballos que van dende o repintado, reparado de solados e desbroce de maleza.
O edil estivo a comprobar os traballos de reparación dos solados de beirarrúas que se acometen en diversos puntos do casco urbano e que permitirán reparar zonas deterioradas e en peor estado. Tamén anunciou que na vindeira semana, en canto remita a choiva, se procederá ao repintado das sinalización viarias horizontais, liñas de estradas, pasos de peóns etc. E se acometerán diversas obras menores.
Tamén a vindeira semana se procederá ao desbroce e retirada de malezas naqueles puntos do casco urbano onde sexa necesario.
REMATE DO DESBROCE DO RURAL
O edil apuntou, ademáis, que a vindeira semana se rematará o desbroce de todo o rural. A día de hoxe quedaba unha pequena zona en Busto e nos vindeiros días acometerase a da parroquia de Maceira, que será a última, ao ter as súas festas tamén coincidindo co remate do período de verán