Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null LALÍN ACTIVA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO PARA GARANTIR A SEGURIDADE NAS FESTAS DA VIRXE DAS DORES 2025
LALÍN ACTIVA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO PARA GARANTIR A SEGURIDADE NAS FESTAS DA VIRXE DAS DORES 2025
16 setembro 2025
  • Cortes e restricións en varias rúas do casco urbano para acoller os concertos, atraccións e actos relixiosos

  • Dispositivo reforzado de seguridade con Policía Local, Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil e ambulancias

O edil de Seguridade Cidadán, Pablo Areán, indicou hoxe que a celebración das festas patronais de Lalín obriga a elaborar un plan de tráfico especial que facilite a celebración dos diferentes eventos e espectáculos en adecuadas condicións de orde e seguridade, máxime cando as actuacións repartiranse por todo o casco urbano, o que implica maior complexidade á hora de organizar e coordinar os peches das rúas.

O Regueiriño volverá ser a zona onde se instalarán as atraccións, cunha distribución renovada para mellorar a seguridade e facilitar a organización. As atraccións comezarán a instalarse a partir do martes 16 de setembro, polo que desde ese día haberá restricións no estacionamento e na circulación ata o remate dos festexos.

O venres 19, a partir das 16:00 horas, pecharanse as rúas Rosalía de Castro e Joaquín Loriga, que permanecerán cortadas ata o mércores pola mañá. Este peche permitirá dispoñer do entorno do km0 e da Praza da Igrexa para o pregón, o chupinazo e o concerto de Tributo Sabinero. Tamén se pechará o tramo da rúa Nuno Eanes de Cercio entre Pintor Laxeiro e Maruja Gutiérrez para a montaxe do palco da Orquesta América de Vigo.

O sábado 20, a rúa Luis González Taboada pecharase antes das 13:00 horas entre o acceso ao Parking Europa e Pintor Laxeiro para o concerto da Banda de Música A Lira de Prado na Praza da Vila. Este peche repetirase pola tarde para o segundo concerto da mesma banda. Ás 18:00 celebrarase un pasarrúas de bandas de gaitas, e ás 18:45 pecharase a Praza de Loriga para o Festival de Gaitas. Os concertos de La Guardia e do Bailalín Festival non precisarán peches específicos, pero pola noite pecharanse as rúas Molinera e Luis González Taboada por seguridade.

O domingo 21 terá lugar a misa na honra da Virxe das Dores e a tradicional procesión polas rúas Joaquín Loriga, Molinera, Ramón Aller e Colón. Ás 13:00 pecharase de novo a rúa Luis González Taboada para o concerto da Banda de Lalín. Pola tarde, esta mesma rúa pecharase para a montaxe do palco do concerto de Susi Q’s, que permanecerá instalado para os DJ’s dos días seguintes. Este peche afectará tamén á rúa Maruja Gutiérrez, restrinxida só para residentes entre a rúa B e Luis González Taboada, e ao tramo ata Vidal Abascal, restrinxido para estacionamento e residentes.

O concerto nocturno da Banda de Lalín & The Maravillosos Tenors celebrarase na Praza de Loriga, que se pechará desde a mañá para a montaxe do palco. Isto obrigará a restrinxir o tráfico desde a fonte dos cabalos e pechar a rúa Ramón Aller desde a rúa do Observatorio. Ás 00:00 terá lugar o espectáculo pirotécnico no entorno do Lago do Pontiñas, que obrigará ao peche da rúa Arenal, do tramo inmediato da Rolda e ao perímetro do entorno do auditorio. Este espectáculo contará coa presenza de Policía Local, Bombeiros, Garda Civil, Protección Civil e ambulancia. Ás 00:30 comezará o concerto da Orquesta Cinema no Campo da Feira, e pecharase a rúa Molinera por seguridade. Na madrugada, os DJ’s actuarán no palco da rúa Luis González Taboada.

O luns 22, a Banda de Vilatuxe actuará ás 13:00 e ás 20:30 na Praza da Vila, polo que se pechará a rúa Luis González Taboada en ambos momentos. A Praza de Loriga pecharase entre as 18:00 e as 21:00 para exhibicións deportivas e de baile. Ás 00:00 terá lugar o concerto da Orquestra París de Noia no entorno da Estación de Autobuses, e a rúa da Estación pecharase desde a tarde para a montaxe do palco.

O martes 23, último día de festexos, volverase cortar a rúa Luis González Taboada para os concertos da Banda de Muimenta ás 13:00 e ás 20:30. Ás 22:00, o concerto da Charanga Ardores na rúa Melide obrigará ao peche desta vía desde Praza da Marina ata Monte do Faro. O palco situarase á altura da rúa Alcalde Ferreiro, e o tráfico desviarase pola rúa Pintor Colmeiro. A actuación da Orquesta Panorama no Campo da Feira non precisará peches específicos, pero pecharase a rúa Molinera por seguridade.

Durante todos os días das festas, o Concello contará con servizos reforzados da Policía Local e dos equipos de Emerxencias, co apoio dos voluntarios de Protección Civil, Garda Civil e Bombeiros de Deza, especialmente durante o espectáculo pirotécnico do domingo. Tamén haberá ambulancia contratada para os principais concertos e espectáculos.

Como medida adicional, entre as 20:00 do sábado e as 04:00 do domingo instalarase unha Caravana Morada na rúa Rosalía de Castro, como punto de atención e prevención.

O Concello de Lalín agradece a colaboración da cidadanía e solicita que se respecten as indicacións de tráfico e seguridade para garantir unhas festas participativas e seguras.

Imagen LALÍN ACTIVA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO PARA GARANTIR A SEGURIDADE NAS FESTAS DA VIRXE DAS DORES 2025
Galería imaxes
  • Imagen: Imagen de WhatsApp 2025-09-15 a las 09.31.50_713158b9

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie