- O concelleiro de Política Social avanza a resolución inmediata das axudas a entidades sen ánimo de lucro e destaca o labor da organización no municipio
O concelleiro de Política Social, Avelino Souto, visitou hoxe Cruz Vermella, acompañado pola asesora xurídica de servizos sociais, para tratar acerca dos programas que desenvolve esta organización que “sen dúbida, desempeña un papel fundamental no noso concello”, afirmou o edil. Avogou así mesmo por “seguir mantendo unha colaboración estreita entre o Concello e Cruz Vermella”.
Durante a súa visita, que se enmarca dentro da rolda de contactos cos distintos colectivos sociais municipais, Souto avanzoulle aos membros lalinenses de Cruz Vermella que “en un prazo breve de tempo xa se van resolver as axudas para entidades sen ánimo de lucro nas que se concederán o cen por cen desas axudas ás entidades solicitantes”.
O Concello tamén colabora con Cruz Vermella cedendo espazos para o desenvolvemento de actividades e realizando derivacións de usuarios/as para cobertura de determinadas demandas.