Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CLUB DE LECTURA CELEBRA A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “GRANITO” DE ÁLEX ALONSO
O CLUB DE LECTURA CELEBRA A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “GRANITO” DE ÁLEX ALONSO
26 setembro 2025
  • O vindeiro mes lerán “Plata Quemada” de Ricardo Piglia, ligada ao escenario urbano de Bos Aires

  • Así mesmo, na xuntanza ultimáronse os detalles da excursión que realizará o grupo este sábado, no que farán de mañá unha visita guiada a Pazo Baión e finalmente, a petición das participantes, realizarán pola tarde un percorrido comentado pola Bienal do Museo de Pontevedra

Esta tarde, ás 20 h, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero, como cada último xoves do mes, terá lugar unha nova reunión mensual do club de lectura para persoas adultas, que reúne unha vintena de persoas adultas lalinenses arredor da literatura como espazo de reflexión compartida.

Nesta ocasión, o libro a comentar foi “Granito”, de Álex Alonso (gañador ex aequo do Premio Torrente Ballester de Narrativa en galego da Deputación da Coruña). A novela chamou a atención polo seu estilo directo e pola maneira en que transmite a dureza e tamén a dignidade da vida no rural. Nas intervencións destacou a forza dunha linguaxe próxima á oralidade, que fai que a historia resulte moi viva, e tamén a capacidade do autor para reflectir como a memoria e as experiencias familiares deixan marca nas persoas.

A conversa xirou arredor de temas como o peso das orixes, a dureza cotiá e a forma en que as historias individuais acaban contando tamén unha realidade colectiva. Como é habitual, na xuntanza amosáronse diferentes opinións sobre a novela, xerándose un interesante debate, xa que as participantes (na súa maioría mulleres), posúen un gran bagaxe lector, e contan con moitas referencias e gran criterio crítico de cara á literatura.

O próximo libro a comentar será “Plata Quemada”, de Ricardo Piglia, unha novela inspirada en feitos reais: o asalto a un banco en Bos Aires en 1965 e a posterior persecución policial. Máis alá da acción, a obra é tamén unha reflexión sobre a violencia, a corrupción e os límites entre verdade e ficción. Considerado un dos grandes narradores arxentinos contemporáneos, Piglia soubo mesturar a intriga co pensamento crítico, e en Plata Quemada acadou unha das súas obras máis celebradas.

Na sesión avanzouse un punto de unión entre ambas lecturas: se “Granito” fala da violencia silenciosa, apegada á terra e ás relacións persoais, “Plata Quemada” leva esta temática ao escenario urbano.

Así mesmo, na xuntanza ultimáronse os detalles da excursión que realizará o grupo este sábado, no que farán de mañá unha visita guiada a Pazo Baión e finalmente, a petición das participantes, realizarán pola tarde un percorrido comentado pola Bienal do Museo de Pontevedra.

 

Imagen O CLUB DE LECTURA CELEBRA A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “GRANITO” DE ÁLEX ALONSO
Galería imaxes
  • Imagen: 7625e7d5-c49d-42a4-ae0d-3aa61d02af10

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie