Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CONCELLO DE LALÍN CULMINA A PRIMEIRA FASE DO PLAN FOTOVOLTAICO DA ESE DOS EDIFICIOS CON 6 PLANTAS XA EN PRODUCIÓN E INICIA A SEGUINTE PARA ACADAR 12 INSTALACIÓNS DE 560 KW
O CONCELLO DE LALÍN CULMINA A PRIMEIRA FASE DO PLAN FOTOVOLTAICO DA ESE DOS EDIFICIOS CON 6 PLANTAS XA EN PRODUCIÓN E INICIA A SEGUINTE PARA ACADAR 12 INSTALACIÓNS DE 560 KW
28 setembro 2025
  • Dobre planta no teito do Lalín Arena e catro colexios completados; a vindeira semana arrincan UNED, centro ocupacional, pavillón, escolas infantís e Auditorio

  • Arredor de 1.000 paneis de 590 W, telexestionados e orientados ao autoconsumo municipal con posibilidade de compartir excedentes nun radio de ata 5 km

A empresa de servizos enerxéticos do Concello de Lalín, conformada por Framiñán e Monrabal, completou a primeira fase do despregue fotovoltaico municipal, con seis plantas xa en funcionamento e producindo, e activa a seguinte para acadar un total de doce instalacións e 560 kW de potencia agregada.

No teito do Lalín Arena, que dá servizo ao multiusos e á piscina municipal, están xa operativas dúas plantas independentes de 90 kW cada unha, sumando 180 kW no mesmo tellado. Tamén están completadas as instalacións dos colexios de Prado, Cercio, Manuel Rivero e Xesús Golmar, o que eleva a seis o número de plantas hoxe en produción. A vindeira semana iniciaranse os traballos no edificio de UNED, no centro ocupacional, no pavillón municipal, nas dúas escolas infantís e no Auditorio; estas novas plantas quedarán rematadas e producirán electricidade ao longo do mes de outubro, segundo o calendario previsto.

O conxunto do plan prevé a instalación de arredor de mil paneis solares de última xeración, de 590 W por módulo, dos que dous terzos xa están colocados e conectados. Todas as plantas estarán telexestionadas e administradas en función das necesidades de consumo de cada edificio municipal, o que permite optimizar a produción e a demanda en tempo real. A potencia total proxectada é de 560 kW, unha capacidade equivalente ao subministro eléctrico aproximado de preto de 200 vivendas en condicións estándar.

12 PLANTAS, MIL PANEIS, E 560kW

Por instalacións, a capacidade queda configurada do seguinte xeito: no Lalín Arena hai dúas plantas de 90 kW (180 kW no seu conxunto); o pavillón municipal, o CEIP Xesús Golmar e o Auditorio municipal dispoñen de 50 kW cada un; o CEIP Prado conta con 41 kW; o centro ocupacional achega 40 kW; a UNED dispón de 20 kW; e as dúas escolas infantís suman 12 kW por cada centro. Estas doce plantas producirán enerxía para o consumo directo nos propios edificios municipais. Nas instalacións de alta demanda continua, como a piscina ou o Lalín Arena, a práctica totalidade da xeración será absorbida polas propias dependencias. Noutros casos, como os centros educativos, a UNED ou o centro ocupacional, a xeración cubrirá o autoconsumo e tamén permitirá subministrar potencia a outras dependencias municipais, como a Casa do Concello, sempre dentro de radios non superiores a 5 km, en liña coa normativa vixente.

50% DE REDUCIÓN DE CONSUMOS E TONELADAS AFORRADAS NA PEGADA DE CARBONO

O modelo colectivo e interconectado de produción permitirá acadar un aforro enerxético arredor do 50% e reducir á metade a pegada de carbono das instalacións municipais un avance sen precedentes que consolida o compromiso do Concello de Lalín co coidado do medio ambiente e cunha aposta decidida polas enerxías renovables. En paralelo ao despregue fotovoltaico, a outra gran liña de actuación, centrada na eficiencia a través de tecnoloxías de baixo consumo como a iluminación LED, avanza a bo ritmo: o 90% das luminarias dos edificios municipais xa foron migradas a LED, quedando pendentes os dous colexios máis grandes de Lalín e a culminación das intervencións na UNED e no centro ocupacional.

Conxuntamente, estas medidas reforzan a autonomía enerxética municipal, estabilizan os custos a medio e longo prazo e melloran o desempeño ambiental do conxunto das instalacións públicas.

Imagen O CONCELLO DE LALÍN CULMINA A PRIMEIRA FASE DO PLAN FOTOVOLTAICO DA ESE DOS EDIFICIOS CON 6 PLANTAS XA EN PRODUCIÓN E INICIA A SEGUINTE...
Galería imaxes
  • Imagen: Imagen de WhatsApp 2025-09-26 a las 12.25.35_198dc4ce

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie