O CLUB DE LECTURA DO CONCELLO DE LALÍN REALIZA UNHA SAÍDA CULTURAL
Onte sábado tivo lugar a excursión do grupo de persoas adultas lalinenses que integran o Club de Lectura, promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Lalín. A actividade incluíu unha visita guiada ao Pazo Baión e, a petición das participantes, unha parada na Bienal de Pontevedra, onde realizaron un percorrido comentado.
Esta actividade (excursión) contou co apoio da Deputación de Pontevedra a través do programa +Convivencia, que impulsa accións e experiencias culturais desde a participación social.
Galería imaxes