Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 12º Máx 15º Mín 10º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null BIENAL LAXEIRO, LER CONTA MOITO, TEATRO, FESTIVAL DE CORAIS, UN LALÍN DE CINE, IDADE DE OURO EN MOVEMENTO E FOLIADA DA FÍA, NA PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO
BIENAL LAXEIRO, LER CONTA MOITO, TEATRO, FESTIVAL DE CORAIS, UN LALÍN DE CINE, IDADE DE OURO EN MOVEMENTO E FOLIADA DA FÍA, NA PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO
30 setembro 2025
  • A concelleira de Cultura avanza as actividades que se desenvolverán no vindeiro mes

A 17ª Bienal das Artes Pintor Laxeiro será unha das primeiras actividades do mes de outubro. Comisariada polo presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), Manuel Quintana Martelo, leva por título “Paisaxes e Sombras” e está dedicada a unha ducia de artistas de recoñecida traxectoria e proxección como o propio Quintana Martelo, Mónica Alonso, Bosco Caride, Alfonso Galván, Francisco Leiro, Concha Martínez Barreto, Jorge Martins, Teresa Moro, Susanne Thelmitz, Carmen Van der Eynden e dous referentes universais da nosa terra como son Colmeiro e Laxeiro. Todos eles están unidos por un fío condutor: a exploración da percepción da sombra desde a paisaxe. A Bienal inaugurase o vindeiro venres, 3 de outubro, ás 20 h, no Museo Municipal Ramón Mª Aller nun acto aberto á participación da veciñanza e visitantes.

Cómpre indicar que os sábados 4, 11, 18 e 25 de outubro ás 12.30 h. terán lugar visitas guiadas á Bienal, para as que non é necesaria inscrición previa. Si será preciso reservar visitas para os grupos, que se poden fixar de martes a venres noutro horario, así como formalizar a reserva nos obradoiros complementarios que se ofrecerán.

Ao longo do mes de outubro tamén se desenvolverán tres actividades de dinamización lectora, todas ás 18.30 h, na Biblioteca Municipal:

  • o xoves 2 de outubro, “Aldara na montaña” de Soraya Lema, unha historia de superación e de busca da identidade propia, ao tempo que pon en valor o noso patrimonio natural e cultural. Dirixida a nenos/as de 6 a 12 anos. Duración: 40 minutos.

  • o xoves 16 de outubro, “Os contos do gato” de Bandullo Azul, para nenos/as de 3 a 12 anos con contos, cancións e ganas de pasalo ben. Narra a historia de Fazulas, un gato dormilón, comilón e un pouco burlón co seu amigo o Profesor ao que lle encanta compartir historias que el mesmo vive coma se fose o protagonista. Duración: 50 minutos.

  • e o xoves 30 de outubro, “Kiddie + Pirata Gemola” de Gemola para bebés 0 a 3 anos que trata sobre un barco pirata cunha caixa do tesouro moi especial. A actividade abrangue teatro de sombras, cancións e música e algunha que outra sorpresa. Duración: 20 minutos.

O teatro terá tamén presenza con dúas funcións: “Herencia compartida” o sábado 4 de outubro ás 18 h. no Salón Teatro e “Pasa para a cama” o domingo 19 de outubro ás 19 h. no Salón Teatro.

A agrupación lalinense Lusco e Fusco pon en escena “Herencia compartida”, unha obra que pretende reivindicar o rural a través dunha historia protagonizada por unha parella nova que recibe unha casa na aldea como herdanza e na semella que empeza a haber espíritos. A entrada é libre ata completar aforo.

Dous Rombos...“Pasa para a cama” é unha función a cargo de Sergio Alba que mira con humor á epoca onde se mandaba á cama cando saían os dous rombos na pantalla da televisión. As entradas poderán mercarse de forma anticipada a 8 euros e a 10 euros en taquilla. Poderán adquirirse anticipadamente na froitería A Maragota e en Don Bombón.

A XVII recreación do proceso do liño protagonizará a xornada do sábado 11 de outubro a partir das 16 h. en Doade a cargo do Museo Casa do Patrón e da Asociación M. R. San Bartolomeu de Ínsua (Vilalba), na que tamén haberá unha exposición de roupas de liño e la e se desenvolverá a Foliada da Fía coas actuacións de Pandereiteiras A Xariza de Parada e as Pandereteiras da Casa do Patrón.

En outubro tamén terá lugar o sábado 25 ás 18 h. o VII Festival de Corais de Outono promovido pola Coral de Lalín, no Salón Teatro.

O domingo 26 iniciarase o programa “Un Lalín de cine”, do que se darán máis detalles proximamente, co filme de debuxos animados “Chicken run: o amencer dos nuggets”. Ás 18 h. no Salón Teatro con entrada libre.

As persoas maiores tamén terán poderán desfrutar de “A idade de Ouro en movemento”, con sesións de baile os domingos 5, 12, 19 e 26 de outubro, que se desenvolverán ás 18.30 h. no Centro Comercial Pontiñas.

Imagen BIENAL LAXEIRO, LER CONTA MOITO, TEATRO, FESTIVAL DE CORAIS, UN LALÍN DE CINE, IDADE DE OURO EN MOVEMENTO E FOLIADA DA FÍA, NA...
Galería imaxes
  • Imagen: foto programación outubro.JPG

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie