A concelleira de Envellecemento Activo, Carmen Canda, anuncia o comezo desta iniciativa que ten como fin crear espazos de esparexemento e de ocio saudable
Terá lugar os domingos de 19:00 a 21:00 no Centro Comercial Pontiñas de Lalín
A concelleira de Envellecemento Activo, Carmen Canda, anuncia o comezo das actuacións musicais do programa a “Idade de Ouro en Movemento” dentro do convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o financiamento do Programa de Respiro Familiar “Lalín Activa” para o exercicio 2025. Unha iniciativa que ten como finalidade crear espazos de esparexemento dirixidos a persoas co fin de promover un envellecemento saudable.
O próximo domingo, 5 de outubro, comezará o programa coa actuación do dúo Arco Iris. Continuará con diferentes actuación musicais, os domingos no Centro Comercial Pontiñas de 19:00 a 21:00 horas e estará aberto a toda a cidadanía promovendo as actividades interxeracionais e lúdico-festivas pretendendo fomentar un envellecemento activo, a cultura musical no concello e a interxeracionalidade.
Con esta iniciativa, preténdese así mesmo mellorar a saúde, desenvolver habilidades sociais e socialización, procurar a erradicación da xerontofobia, crear un espazo de ocio e tempo libre, etc.