Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CLUB DE LECTURA DO CONCELLO CELEBROU O DÍA DAS ESCRITORAS CUNHA XUNTANZA PROTAGONIZADA POR CREADORAS NA ESCRITA E NA PLÁSTICA
O CLUB DE LECTURA DO CONCELLO CELEBROU O DÍA DAS ESCRITORAS CUNHA XUNTANZA PROTAGONIZADA POR CREADORAS NA ESCRITA E NA PLÁSTICA
15 outubro 2025
  • Léronse textos en voz alta de Olga Novo e de Teresa Moro

 

  • Con esta proposta, Lalín sumouse á celebración desta cita recoñecendo o papel das mulleres na literatura e nas artes, e reforzando a vocación da Bienal como espazo aberto ao debate e de encontro entre disciplinas.

 

O Concello de Lalín celebrou o Día Internacional das Escritoras cunha lectura en diálogo coa arte contemporánea na Bienal Paisaxes e Sombras.

Begoña Blanco indica que “no marco da Bienal de Lalín e coincidindo coa celebración do Día Internacional das Escritoras, o Concello organizou unha lectura en alto que uniu poesía e artes plásticas arredor da exposición Paisaxes e sombras”. “O obxectivo principal da actividade foi recoñecer a contribución das mulleres á literatura e á creación artística, favorecendo o diálogo entre palabra e imaxe”, remarca.

A conmemoración deste día —impulsado en 2016 pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas— busca visibilizar o legado cultural das escritoras ao longo da historia e promover a igualdade no ámbito da cultura.

O acto centrouse no poema “Mentres a herba medre” da poeta galega Olga Novo (A Pobra do Brollón, 1975), Premio Nacional de Poesía 2020 polo seu libro Feliz idade. A súa obra, caracterizada pola fusión entre natureza, corpo e memoria, establece unha conexión profunda coa terra e co paso do tempo, aspectos que tamén articulan a proposta pictórica de Concha Martínez Barreto, presente na Bienal.

A lectura permitiu trazar pontes entre a linguaxe poética e a pintura contemporánea, poñendo de relevo coincidencias entre ambas creadoras: o interese pola paisaxe como espazo simbólico, a exploración da memoria e a identidade persoal, e a presenza da sombra como metáfora do paso do tempo e da experiencia vivida.

A sesión ampliouse coa lectura do texto “O efecto reliquia” de Teresa Moro, no que a autora reflexiona sobre o valor da arte como memoria material e como acto de resistencia fronte á estandarización. O texto, a medio camiño entre o ensaio e a prosa poética, amosou a súa teoría sobre a permanencia do feito creativo.

Posteriormente, e xa en relación coa Bienal, a concelleira de Cultura Begoña Blanco resaltou “a importancia desta exposición, tanto a nivel local como a nivel autonómico, tratándose dun gran proxecto de longo percorrido e continuidade ininterrompida, que se puxo en marcha grazas ao impulso do Concello e á figura de Laxeiro, no ano 1993”. “Moitas das asistentes expuxeron a súa visión e recordos xa das primeiras edicións das bienais, e reflexionouse sobre o cambio de formato e a adaptación do mesmo ao paso do tempo e ás correntes actuais”, precisou.

Despois realizaron unha visita guiada á Bienal Paisaxes e Sombras, e pecharon o acto comentando esta mostra e tamén cuestións da outra bienal recentemente visitada.

Con esta proposta, Lalín sumouse á celebración da cita recoñecendo o papel das mulleres na literatura e nas artes, e reforzando a vocación da Bienal como espazo aberto ao debate e de encontro entre disciplinas.

 

Imagen O CLUB DE LECTURA DO CONCELLO CELEBROU O DÍA DAS ESCRITORAS CUNHA XUNTANZA PROTAGONIZADA POR CREADORAS NA ESCRITA E NA PLÁSTICA
Galería imaxes
  • Imagen: 2p

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie