Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null DIEGO GONZÁLEZ RIVAS SERÁ O PREGOEIRO DA 58ª FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
DIEGO GONZÁLEZ RIVAS SERÁ O PREGOEIRO DA 58ª FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
20 outubro 2025
  • José Crespo destaca que “contar con González Rivas como pregoeiro é unha honra para Lalín. Representa a excelencia médica no mundo, cunha traxectoria marcada pola vocación de servizo e un exemplo de como a ciencia pode transformar vidas e de como un profesional pode levar o nome de Galicia aos máis altos estándares da medicina global”

  • A súa traxectoria, que suma intervencións e docencia en máis de cen países, consolidouno como referente mundial da cirurxía torácica minimamente invasiva, cunha pegada que vai da mellora clínica e formativa á equidade en saúde a través da súa Fundación coa que promove misións cirúrxicas en países con recursos limitados

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, anunciou hoxe que o cirurxián torácico galego de proxección internacional Diego González Rivas será o encargado de pronunciar o pregón da 58ª edición da Feira do Cocido, que se celebrará o 8 de febreiro de 2026.

“Contar con Diego González Rivas como pregoeiro é unha honra para Lalín. Representa a excelencia médica galega no mundo, cunha traxectoria marcada pola innovación, a vocación de servizo e o compromiso social. É un exemplo de como a ciencia pode transformar vidas e de como un profesional pode levar o nome de Galicia aos máis altos estándares da medicina global”, destacou o rexedor.

Nado na Coruña en 1974, González Rivas é pioneiro da técnica Uniportal VATS, unha abordaxe minimamente invasiva que permite realizar intervencións pulmonares complexas a través dunha única incisión, reducindo a dor, o tempo de recuperación e os riscos para o paciente. Formouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Cirurxía Torácica e Transplante Pulmonar no CHUAC. En 2010, publicou e divulgou os principios da técnica uniportal, coa que realizou as primeiras intervencións descritas con este innovador método.

Alén da práctica cirúrxica, impulsou a UCTMI (Unidade de Cirurxía Torácica Minimamente Invasiva), plataforma asistencial e docente desde a que estendeu a técnica a hospitais de referencia. O seu labor combina actividade asistencial en centros da Coruña como Quirónsalud A Coruña, San Rafael, Modelo e no CHUAC, coa dirección de programas formativos e intervencións en institucións internacionais, entre elas o Shanghai Pulmonary Hospital, un dos maiores centros do mundo en cirurxía torácica.


 

A súa proxección internacional fai que sexa convidado a operar en directo e a ensinar a técnica en congresos e cursos en numerosos países, reforzando a estandarización da VATS uniportal e a súa evolución robótica (URATS/Uniportal RATS). No ámbito divulgativo, é protagonista da docuserie da TVG, Curando o mundo, centrada nas súas misións médicas en distintos países, e ten participado noutros espazos da CSAG (Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia), achegando a cirurxía torácica minimamente invasiva ao gran público.

No eido académico, publicou numerosos capítulos e artigos técnicos que sistematizan a abordaxe uniportal, describindo as indicacións, o instrumental e os pasos cirúrxicos, así como a progresión deste método respecto de técnicas tradicionais. Estes materiais serviron de guía para a adopción global da técnica e actualízanse coas innovacións en instrumental articulado, selado vascular e visión endoscópica.

Compromiso humanitario

En paralelo, desenvolveu un marcado compromiso humanitario. A través da Fundación Diego González Rivas, promove misións cirúrxicas e un quirófano móbil para levar a cirurxía torácica avanzada a países con recursos limitados. En 2025, a Fundación completou con éxito unha intervención en Kono (Sierra Leona): seis cirurxías torácicas complexas realizadas na unidade móbil, nun operativo que implicou equipos de Galicia e doutros países, e mesmo soporte técnico galego para manter o camión-quirófano operativo tras unha travesía difícil por África occidental.

O seu labor recibiu recoñecementos institucionais; en febreiro de 2025 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade Miguel Hernández de Elche, distinción que salientou a súa traxectoria cirúrxica, a innovación na abordaxe uniportal e a dimensión social do proxecto do quirófano móbil. Nos últimos anos tamén divulgou experiencias en zonas de conflito e cooperación sanitaria, salientando a idea de igualar oportunidades: que un paciente en África poida ter a mesma opción terapéutica ca en Europa.

Na actualidade, Diego González Rivas combina cirurxía, docencia e innovación con actividade asistencial na Coruña e programas internacionais en Asia, América e África. A súa traxectoria profesional, que suma intervencións e docencia en máis de cen países (ten operado en centros hospitalarios de prestixio en Europa, América, Asia e África), consolidouno como referente mundial da cirurxía torácica minimamente invasiva, cunha pegada que vai da mellora clínica e formativa á equidade en saúde a través da súa Fundación.

 

Imagen DIEGO GONZÁLEZ RIVAS SERÁ O PREGOEIRO DA 58ª FEIRA DO COCIDO DE LALÍN
Galería imaxes
  • Imagen: BeFunky-collage-2023-01-30T235354.070-1706x960-1-fundación diego gonzález rivas

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie