Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null ARRANCA A CAMPAÑA INFORMATIVA CON PEDÁNEOS E VECIÑOS SOBRE AS ÁREAS PARROQUIAS ENCAMIÑADA A DINAMIZAR O RURAL E OPTIMIZAR SERVIZOS
ARRANCA A CAMPAÑA INFORMATIVA CON PEDÁNEOS E VECIÑOS SOBRE AS ÁREAS PARROQUIAS ENCAMIÑADA A DINAMIZAR O RURAL E OPTIMIZAR SERVIZOS
22 outubro 2025

  • “As Áreas Parroquiais axudarán a pensar e actuar en clave de conxunto, compartindo recursos e reforzando a vida comunitaria para ofrecer servizos máis eficientes e próximos”, afirma Pérez Asorey

  • O proxecto inclúe unha campaña de comunicación para dar a coñecer a veciñanza, primeiro a través dos pedáneos e despois directamente cos veciños das parroquias, esta nova organización territorial

  • Nesta xornada tiveron lugar as dúas primeiras reunións informativas coas áreas de Val do Boi e Carrio Sur

Onte deu comezo a campaña informativa do Concello de Lalín con pedáneos e veciños a fin de seguir avanzando na activación das Áreas Parroquiais incluídas no Plan de Acción da Axenda Urbana de Lalín, configuración do territorio municipal que ten por obxectivo dinamizar o rural e mellorar a prestación de servizos mediante núcleos que agrupen varias parroquias e funcionen como polos vertebradores do territorio, tal como sinala a tenente alcalde e concelleira responsable da Axenda Urbana, María Paz Pérez Asorey.

No día de hoxe arrancou a primeira rolda desta campaña informativa con reunións ás 12.00 horas coas áreas de Val do Boi e ás 19.00 horas en Carrio Sur. Encontros de traballo que continuarán o vindeiro martes 28 de outubro, ás 18.00 horas coa reunión da área en Entre Ríos, ás 19.00 horas coa de Alto de Vales e ás 20.00 horas coa Vía da Prata. O xoves 30 de outubro será a última xornada destas reunións: ás 12.00 horas, reunión coa área da Balouta, ás 18.00 horas coa de Val do Deza e ás 19.00 horas coa de Val do Arnego. Coas achegas recollidas nestas reunións que teñen lugar na casa consistorial convocaranse, a continuación, as xuntanzas nos locais sociais abertas a toda a veciñanza.

A tenente alcalde remarca que “este é un proceso participativo e transparente desde o primeiro día. Convido á cidadanía a implicarse: canto máis precisas sexan as propostas, máis acertadas serán as decisións para cada Área Parroquial”.

Fomentar a idea de pertenza a cada área e os beneficios que achega a súa creación

O proxecto inclúe unha campaña de comunicación para dar a coñecer á veciñanza, primeiro a través dos pedáneos e despois directamente cos veciños das parroquias, esta nova organización territorial. A través de presentacións e obradoiros nos locais sociais, fomentarase a idea de pertenza a cada área e a comprensión dos beneficios que achega a súa creación. “Queremos explicar con claridade que gaña cada parroquia ao integrar a súa Área: coordinación, oportunidades e máis capacidade para responder ás necesidades reais”, engade a tenente de alcalde.

Como punto de partida celebraranse reunións cos pedáneos das parroquias que conforman cada área parroquial. Nestas xuntanzas presentarase o plan de dinamización e entregarase unha enquisa para detectar necesidades, prioridades e suxestións de mellora en cada territorio. “Os pedáneos son peza clave como canle directa co territorio. Coas enquisas recolleremos información valiosa para que o proceso posterior, xa aberto á veciñanza, sexa útil e concreto”, subliña a responsable da Axenda Urbana.

CALENDARIO DE REUNIÓNS COS PEDÁNEOS

Martes, 21 de outubro de 2025

  • 12.00 · Val do Boi
  • 19.00 · Carrio Sur

Martes, 28 de outubro de 2025

  • 18.00 · Entre Ríos
  • 19.00 · Alto de Vales
  • 20.00 · Vía da Prata

Xoves, 30 de outubro de 2025

  • 12.00 · A Balouta
  • 18.00 · Val do Deza
  • 19.00 · Val do Arnego

Imagen ARRANCA A CAMPAÑA INFORMATIVA CON PEDÁNEOS E VECIÑOS SOBRE AS ÁREAS PARROQUIAS ENCAMIÑADA A DINAMIZAR O RURAL E OPTIMIZAR SERVIZOS
Galería imaxes
  • Imagen: d249878a-dba8-4877-8013-33027c7b1af2

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie