- No ciclo de charlas participarán 12 persoas e serán 12 sesións os xoves dende o 23 de outubro de 10:30 a 12:30 horas
Mañá xoves comezará o taller de benestar emocional “Coñecendo as emocións” impartido por ATEGAL en colaboración con Afundación e de xeito gratuíto. A programación prevista dos talleres do novo grupo é:
Sesión 1: “Entendo o que me pasa”.
Sesión 2: “De onde veñen as emocións”.
Sesión 3: “Enténdome, logo existo”.
Sesión 4: “Os/as demais tamén se emocionan”:
Sesión 5: “Dicir ou non dicir, he aí a cuestión”.
Sesión 6: “Re(aprendendo que é xerundio”.
Sesión 7: “Unha de emocións positivas... Marchando!”
Sesión 8: “Menos é máis”.
Sesión 9: “Desrizando o rizo”:
Sesión 10: “Con máis ferramentas na miña mochila”.
Sesión 11: “Ferramentas que nos manteñen unidos/as”.
Sesión 12: “Porque eu o valgo”.
Cómpre indicar que as prazas xa se cubriron o propio día da inscrición ao taller. Os talleres desenvolveranse todos os xoves dende o 23 de outubro ao 21 de xaneiro de 2026 de 10:30 a 12:30 no Salón de Actos da Biblioteca Municipal.
INICIO DO OBRADOIRO “RISAS E RECORDOS”
Por outra parte, hoxe deu comezo o obradoiro de risoterapia e estimulación cognitiva “Risas e recordos. Sempre activos”, unha actividade destinada a mellorar a saúde mental e o benestar emocional da veciñanza, e a cuxo comezo asistiu a concelleira de Envellecemento Activo, Carmen Canda (esta mañá en Donramiro).
O programa terapéutico, conducido pola psicóloga Mónica Novas Dios, integra dinámicas grupais, exercicios corporais, técnicas de relaxación e actividades específicas para estimular a memoria, co obxectivo de favorecer unha actitude positiva e manter unha boa saúde cognitiva.
Estas sesións estanse a desenvolver nas parroquias de Donramiro (mércores 22 outubro, 10:30 h), Goiás (mércores 22 outubro, 16:00 h), A Xesta (xoves 23 outubro, 10:30 h), Botos (xoves 23 outubro, 16:00 h), Gresande (venres 24 outubro, 10:30 h) e Prado (venres 24 outubro, 16:00 h).
Durante a actividade, destacarase como a risa, ademais de aliviar o estrés e fortalecer as relacións sociais, favorece a circulación sanguínea no cerebro, mellora a consolidación de lembranzas e contribúe ao mantemento das funcións cognitivas, facilitando tamén a atención, a motivación e a aprendizaxe. O Concello de Lalín, co apoio da Xunta de Galicia, aposta así por iniciativas innovadoras e integradoras, abertas á participación de toda a comunidade.
O programa está financiado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, tras o sinatura do convenio de colaboración entre a dita Consellería e o Concello de Lalín para o financiamento do programa de Respiro Familiar “Lalín Activa” para o exercicio 2025.
Ao Concello de Lalín, tras a sinatura do convenio coa Consellería de Política Social e Igualdade, concedésenlle 75.000 € e cunha achega municipal a maiores de 9.000 € para o financiamento do programa “Lalín Activa” para este ano 2025 na que se incorporan actividades como “Lalín Activa no Rural”, a “Idade de Ouro en Movemento” e as actividades de “Musicoterapia”, pintura ao óleo, acuarela, historia da arte, informática (iniciación e avanzado), estimulación cognitiva e inglés (iniciación e avanzado).
Pé de foto: Inicio do taller de “Risas e recordos” hoxe en Donramiro ao que asistiu a concelleira de Envellecemento Activo, Carmen Canda