- Baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, a campaña desenvólvese en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 21 h o venres 7 de novembro e de 10 a 14.30 h o sábado 8 de novembro
- A concelleira de Sanidade anima á veciñanza a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a salvar vidas
Nova campaña de doazón de sangue en Lalín os próximos días 7 (venres) e 8 (sábado) de novembro baixo o lema “Non perdas este bus, doa sangue”, promovida por ADOS en colaboración co Concello de Lalín. A unidade móbil estará situada na Praza da Igrexa en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 21 h o venres 7 de novembro e de 10 a 14.30 h o sábado 8 de novembro.
A concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, fai un chamamento á participación veciñal nestas campañas solidarias nas que un pequeno xesto contribúe a salvar vidas. Deste xeito, coa suma de esforzos, trátase de acadar as doazóns de sangue que precisan os hospitais galegos para atender aos doentes.
Cómpre lembrar que para doar sangue deberase pesar máis de 50 quilos e ter entre 18 e 65 anos (a partir de 65 anos co permiso do médico). Non se pode ir sen almorzar e despois de xantar ao mediodía cómpre esperar 2 horas. Deberase levar o DNI ou documento similar de identificación. Así mesmo non se deberá facer unha comida copiosa antes de doar. No caso de que se estea a tomar algún medicamento acompañarase informe médico. Para máis información deberase chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.