DOUS GRUPOS DE ALUMNADO DO COLEXIO MANUEL RIVERO E UN DO IES PINTOR LAXEIRO, NO MARCO DAS ACTIVIDADES STARLIGHT, VISITAN A BIENAL
Onte tiveron lugar varias visitas guiadas á Bienal Pintor Laxeiro “Paisaxes e Sombras”:
- ás 10 h un grupo de 1º do CEIP Manuel Rivero
- ás 11.30 h un grupo de 2º do CEIP Manuel Rivero
- ás 13.15 h un grupo do IES Laxeiro, no marco das actividades Starlight que promove o Concello de Lalín. Unha visita na que participou o director científico de Lalín Destino Starlight, José Ángel Docobo, que lle fixo ao alumnado deste instituto unha introdución á astronomía, á figura de Ramón Mª Aller, ao destino Lalín Starlight e posterior visita ao Observatorio.
Galería imaxes