- Analizáronse as consultas de asistencia integral ás vítimas realizadas polo CIM nos últimos 10 meses, que suman 510 e presentouse o protocolo de atención ás persoas LGBTI desde os CIMs e os decálogos pola igualdade LGTBI nos ámbitos familiar, deporte e educación, ambos recursos elaborados pola Xunta
A Mesa é unha ferramenta necesaria no ámbito local para acadar a erradicación da violencia de xénero e potenciar a coordinación entre os axentes implicados, e na que que participan diferentes representantes que traballan directa ou indirectamente coas vítimas. Na mesa están representadas diferentes institucións que teñen actuación en violencia de xénero coma Garda Civil, Polícia Local, Colexio de Avogados, Xulgado de 1ª Instancia, Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Servizo de Saúde, Servizo de Orientación dos IES e CIM - Igualdade do Concello.
A orde do día foi a análise dos seguintes puntos:
1. Análise por parte dos representantes da situación actual no contexto da violencia de xénero.
2. Presentación do “Protocolo para a atención a persoas LGTBI nos CIMs” e os decálogos “Pola igualdade LGTBI en distintos ámbitos: familias, educación e deporte.”
3. Posta en común de actuacións na Mesa de coordinación policial.
Á convocatoria do martes 28, presidida pola concelleira responsable do CIM, Carmen Canda Larroy, asistiron os seguintes representantes:
D. Roberto Barba Alvedro, director xeral da loita contra a violencia de xénero da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta; Dª M.ª José Rodríguez Pérez, xefa da unidade de violencia contra a muller da Subdelegación do Goberno; Pablo Areán, concelleiro de Seguridade; Avelino Souto Rozados, concelleiro de Política Social: Irene García Díaz do servizo EMUME; o tenente do posto da Garda civil Jorge Cobas Piñeiro; o responsable de Viogén do posto da Lalín, Ramón Silva Donsión; a axente da Policía Local, Cecilia González; o representante do IES Ramón Aller Ulloa, Luis Fernándo Pérez Mendez; a representante do CIS, Ana Herminia Ruíz Vázquez a axente de igualdade municipal, M.ª Jesus Payo Negro, a representante do colexio de avogados de Pontevedra Carmen Silva, e a directora do CIM, M.ª Teresa Rocha Blanco.
A xefa da unidade da Subdelegación presentou o informe da situación actual en canto a casos de violencia de xénero, e Roberto Barba o director xeral presentou os recursos nos que están a traballar no contexto da violencia de xénero.
Desde o CIM analizáronse as consultas da asistencia social integral á vítimas nos últimos 10 meses, recollendo un total de 510 consultas, que engloba tramitación de prestacións periódicas, servicio de teleasistencia ATENPRO e asesoramento xurídico e psicolóxico,
Presentouse o protocolo de atención ás persoas LGTBI desde os CiMs e os decálogos pola igualdade LGTBI nos ámbitos familiar, deporte e educación, ambos recursos elaborados ambos pola Xunta