Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null O CLUB DE LECTURA CELEBRA HOXE A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “PLATA QUEMADA” DO AUTOR ARXENTINO RICARDO PIGLIA
O CLUB DE LECTURA CELEBRA HOXE A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “PLATA QUEMADA” DO AUTOR ARXENTINO RICARDO PIGLIA
31 outubro 2025
  • O vindeiro mes lerán “Calle de las tiendas oscuras” do Nobel de Literatura, Patrick Modiano

  • Así mesmo, na xuntanza a coordinadora trasladoulle a todas as persoas integrantes do Club de Lectura do Concello de Lalín, promovido pola Concellería de Cultura, o convite da Subdirección xeral de Bibliotecas da Xunta de Galicia para tomar parte o sábado 29 de novembro na Festa dos Libros, unha actividade incardinada en Culturgal, na que os protagonistas son os clubs de lectura

Esta tarde, ás 20 h, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero, como cada último xoves de mes, desenvolverase unha nova reunión do club de lectura para persoas adultas, que reúne ao redor dunha vintena de lalinenses arredor da literatura como espazo de reflexión compartida.

Nesta ocasión, o libro a comentar é “Plata Quemada” de Ricardo Piglia, un dos escritores máis significativos da literatura arxentina das últimas décadas, cunha carreira que abrangue ensaio e narrativa e que reflexiona de modo constante sobre a ficción e a memoria. O autor parte dun atraco real dos anos sesenta para elaborar unha novela policial na que se fai tamén alegoría da violencia, da tradición e da identidade. A escrita é precisa e cabe nela o xénero da reflexión literaria: o lector entra nunha trama de acción, mais acaba cuestionándose quen é o que mira e quen é o que fuxiu.

A obra elixida para a vindeira sesión é “Calle de las tiendas oscuras” do autor francés Patrick Modiano, galardoado co Premio Nobel de Literatura. Está ambientada nun París de posguerra que se converte en escenario da perda e da busca da identidade. Con estilo contido e melancólico, Modiano conta a historia de Guy Roland, un detective amnésico que intenta reconstruír o seu pasado e descubrir quen foi. A novela non é só un suspense, senón unha indagación literaria sobre o esquecemento, a historia persoal e colectiva, e o que queda cando se apagan as luces das “tendas escuras”.

Na sesión, a coordinadora do Club de Lectura, promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Lalín, trasladoulles a todas as persoas integrantes do Club o convite dos Clubs de Lectura de Galicia da Xunta de Galicia (Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, Servizo de Bibliotecas, Consellería de Cultura) para participar o sábado 29 de novembro na Festa dos Libros da man de Culturgal, Feira das Culturas Galegas.

A Festa dos Libros é unha iniciativa Culturgal para que os clubs de lectura sexan os protagonistas. Así dentro da programación da feira artéllase un encontro específico con autores e entre clubs, para debater propostas lidas con anterioridade e falar, tanto da experiencia lectora, como das intencións e posibilidade de futuro dentro dos clubs. Ademais entre todos elíxense recomendacións de lectura para o ano seguinte.

O programa inclúe a visita do autor Santiago Cortegoso, con quen os asistentes poderán compartir diálogo e experiencia. Recoméndase a lectura “Reconversión” que será a peza que se comentará co autor. Pola tarde haberá tempo de compartir un café e uns petiscos na compaña das lecturas máis senlleiras realizadas polos clubs de lectura xestionados desde a Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Imagen O CLUB DE LECTURA CELEBRA HOXE A SÚA REUNIÓN MENSUAL PARA COMENTAR “PLATA QUEMADA” DO AUTOR ARXENTINO RICARDO PIGLIA
Galería imaxes
  • Imagen: 981c7918-2606-4305-9e8e-35e734daf8b2

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie