Navegación

  • Volver ao contido
O tempo agora El tiempo 14º Máx 14º Mín 9º
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
  • Teléfonos
  • Contacto

Concello de LALÍN

  • Concello
    • Alcaldía
    • Concelleiros de Goberno
    • Xunta de Goberno local
      • Acordos da Xunta de Goberno
    • Pleno municipal
      • Concelleiros
    • Xunta de Portavoces
    • Grupos políticos
      • PP
      • CxG
      • PSOE
      • BNG
    • Comisiones
    • Normativas
    • Ordenanzas
      • Ordenanzas municipales
      • Ordenanzas fiscais
    • Entidades dependientes
  • Cidade
    • Concellerías
      • Cultura
      • Agraria
      • Benestar
      • Emprego
      • Patronato cultural
      • Urbanismo
      • Deportes
      • Xuventude
      • Turismo
      • CMUS Profesional de Lalín
    • Acerca de Lalín
    • Saúdo do Alcalde
    • Fillos Adoptivos
    • Fillos Ilustres
    • Historia
    • Multimedia
      • Audio
      • Documentación Dixital
      • Videos
      • Publicacións Dixitais
      • Canal YoutuBe Concello de Lalín
      • Audio Guias
  • Goberno aberto
    • Axudas premios e bolsas
    • Contratos menores
    • Acordos
    • FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas
    • SSuma 21
    • Memoria xustificativa Enil
    • Periodo medio de pago segundo o establecido no Real Decreto 635-2014
    • Periodo medio de pago segundo ley de Morosidade
    • Perfil do contratante
    • Portal de Transparencia
    • Taboleiro de Anuncios
    • Plan Xeral de Ordenación Municipal P.X.O.M.
    • Proceso de Selección de Persoal
    • Plan de Acción Comercial para o Comercio e a Hostalería da vila de Lalín
    • Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Lalín
    • Participación
      • Enquisa
      • Participación auga
    • Seguridade da información
    • Protección de Datos
  • Servizos
    • Arquivo municipal
    • Datos estatísticos
    • Directorio de empresas
    • Radio Lalín
      • Podcast
    • Sistema de Xestión de Granxas
    • Incidencias
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Sede Tributaria
  • Contacto
    • Buzón de Suxestións
    • Contacta co Alcalde
  • Buscar
Pechar

Inicio

Imagen Sede electrónica
Sede electrónica
Ver máis
Imagen Concello
Concello
Ver máis
Imagen Cidade
Cidade
Ver máis

Noticias

null IRENE VILLA, COMENDADORA DA 58ª FEIRA DO COCIDO
IRENE VILLA, COMENDADORA DA 58ª FEIRA DO COCIDO
03 novembro 2025
  • Símbolo de superación, resiliencia e compromiso coa liberdade e os dereitos humanos, recibirá o título de Comendadora o vindeiro 8 de febreiro

O alcalde de Lalín, José Crespo, anuncia como Comendadora da 58ª Feira do Cocido a Irene Villa González, que se incorporará á Orde, co compromiso de difundir, protexer e apoiar a Feira do Cocido e ao prato do Cocido de Lalín. Crespo destacou de Villa “ser símbolo de superación, resiliencia e compromiso coa liberdade e os dereitos humanos”.

Irene Villa (Madrid, 1978) é xornalista, escritora, psicóloga e conferenciante. Sobreviviu con 12 anos, ao atentado de ETA do 17 de outubro de 1991. Como consecuencia, Irene perdeu as dúas pernas e tres dedos dunha man e tamén resultou ferida a súa nai, á que lle amputaron unha perna e un brazo.

Lonxe de deixarse vencer polo trauma, Irene converteuse nunha voz activa pola paz, a tolerancia e a esperanza. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Europea de Madrid CEES, licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense e Licenciada en Humanidades pola UEM-CEES, traballou en diversos medios de comunicación e publicou varios libros, entre eles Saber que se puede, Nunca es demasiado tarde, princesa o Como el sol para las flores. A súa historia inspiradora levouna a dar conferencias por todo o mundo, defendendo valores como o perdón, a gratitude e a confianza.

No 2006 participa por vez primeira nuns campionatos nacionais de deportes paralímpicos, nos que conseguiu o título de subcampioa de España. En 2007 comeza a forma parte do primeiro equipo feminino de esquí en silla no equipo de competición de Esquí Alpino Adaptado da Fundación. En 2010 conseguiu dous ouros nos campionatos de Cataluña, dúas pratas e dous bronces en Campionatos de Francia e dúas pratas en Campionatos de España´10.

En 2015 creou a Fundación Irene Villa, orientada á integración laboral e á asistencia social das persoas con discapacidade. Agora mesmo, colabora con diversas organizacións que traballan pola inclusión e os dereitos das persoas con discapacidade.

Entre os numerosos premios e galardóns conta coa nominación ao Premio Príncipe de Asturias da Concordia (1992), Premios Joya de Madrid 2001 como exemplo de paz e convivencia, Premio Nacional de Valores Educativos Colexio San Maior San Pablo 2002, Premio Isabel Ferrer 2007, Micrófono de prata polo seu libro Saber que se puede, Gran Cruz ao Mérito Humanitario, Premio Fundación Miguel Ángel Blanco á Convivencia 2008, Premio Coraxe Cívico polo Observatorio Internacional de vítimas do terrorismo e Antena de Ouro 2012 e en 2013 foi elixida unha das Top 100 Mulleres Líderes.

A súa traxectoria vital é un exemplo de como transformar a dor en forza e de como a adversidade pode ser o punto de partida para construír unha vida chea de sentido, esperanza e servizo aos demais.

Irene Villa confírmase como segunda dos comendadores da 58ª Feira do Cocido do vindeiro 8 de febreiro de 2026, tras Diego González Rivas, na súa dobre condición de pregoeiro e comendador.

Imagen IRENE VILLA, COMENDADORA DA 58ª FEIRA DO COCIDO
Galería imaxes
  • Imagen: IRENE VILLA

Redes Sociais

  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube
Concello de Lalín

Máis visitada

  • Autoliquidacións e Oficina Virtual Tributaria
  • Concelleiros de Goberno
  • Urbanismo
  • Publicacións Dixitais
  • Teléfonos
  • Información al Ciudadano
  • Proceso de Selección de Personal
  • Portal de Transparencia
  • Componente 11 Postos de traballo intelixentes

Axenda

  •  Ayuntamiento de Lalín

Destacado

Componente 11
Axenda Urbana
Cuestionario Axenda Urbana
Buzón Antifraude
Ilumina Lalín
Praza de Abastos
Lalín Arena
Banner Cita Previa
Roteiros
Desarrollo Urbano Sostenible Integrado
Máis información do Concello
  • Sala de Prensa
  • Pleno Directo
  • Taboleiro de Anuncios

Concellerías

Imagen Agraria Agraria
Imagen Benestar Benestar
Imagen Cultura Cultura
Imagen Deportes Deportes
Imagen Emprego Emprego
Imagen Patronato Cultural Patronato Cultural
Imagen Urbanismo Urbanismo
Imagen Xuventude Xuventude
Imagen Mapa de Lalín Mapa de Lalín
Imagen SSuma 21 SSuma 21
Imagen Proceso de Selección de Personal Proceso de Selección de Personal
Imagen EFactura EFactura
Imagen Sede Tributaria Sede Tributaria
Imagen Perfil do contratante Perfil do contratante
Imagen Turismo Turismo
Imagen Teléfonos Teléfonos
Imagen Portal de Transparencia Portal de Transparencia
km0
Concello de LALÍN Plaza de Galicía, 1 36500 Lalín
986 787 060 986 782 042 lalin@lalin.gal
Logo ENS
Logo ENS Seguridad
  • Contacto
  • Normativa
  • Mapa Web
Imagen pie