- Carmen Canda remarca a importancia de fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores no emprego das TIC
- Continuará os días 12 e o 19 de novembro, en horario de 10 a 12.30 h
Hoxe deu comezo o curso de dixitalización para maiores de 65 anos impartido pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Lalín. Esta actividade, gratuíta, desenvolverase no Edificio Sociocultural da Rúa Manuel Rivero o 5, 12 e 19 de novembro de 10 a 12.30 h e nela participan unha vintena de persoas.
O programa, posto en marcha dende a Función Amigos de Galicia, denominado “Mellor Acompañad@s” pretende fomentar a autonomía e independencia das persoas maiores, explica a concelleira de Envellecemento Activo, Carmen Canda.
As actividades formativas que se levan cabo teñen como fin que as persoas maiores de 65 anos sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático (dispoñerase dun simulador para realizar transferencias, pago de recibos, etc.), utilizar o teléfono móbil (agregar contactos na axenda, realizar vídeos chamadas, utilizar o GPS, descargar aplicacións, conectarse a unha rede wifi, entre outras), utilizar as máquinas de quendas dos hospitais e operar na aplicación do Sergas.